Galicia
Galicia
0
Julián Carrillo

Actos en Santiago, Pontevedra e Barbanza para sumar quilómetros á campaña de apoio a Julián Carrillo

Julián Carrillo era un medioambientalista mexicano que foi asasinado o pasado mes de outubro pola súa defensa dos bosques frente a grupos criminais e terratenentes da serra de Tarahumara (Chihuahua). Amnistía Internacional activou a campaña #CorroXJulián para chamar a atención sobre o seu caso. Desde Pontevedra, Santiago e Barbanza súmanse á iniciativa.

Julián Carrillo pagou coa súa vida a defensa da súa terra na serra de Tarahumara (Chihuahua, México) fronte a intereses de empresas madereiras e mineiras. Ademais, denunciou públicamente a violencia contra a súa comunidade: Coloradas de la Virgen, formada por os rarámuri, uns indíxenas cunha capacidade insólita para correr.

Amnistía Internacional puxo en marcha a campaña #CorroXJulián para chamar a atención sobre o caso de Julián e esixir xustiza polo seus asasinato. O reto era conseguir correr 10.000 quilómetros, os mesmos que separan Madrid de Chihuahua. Durante os últimos meses foron moitas as persoas que se uniron á iniciativa; runners afeccionados pero tamén deportistas coma Martín Fiz, campión de Europa e do Mundo en Maratón, o futbolista Aritz Aduriz ou Fernando Riaño, campión mundial de duatlón para cegos.

Desde Galicia tamén nos sumamos á campaña #CorroXJulián. Será o domingo 29 de setembro en diferentes puntos. O Grupo de Acción Barbanza organiza unha andaina polo Parque Natural das dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. A saída está prevista para as 10:00 e nela colabora o parque (que fará unha visita guiada) e a asociación de veciños de Carreira.

 

No caso de Amnistía Internacional Santiago a camiñada será entre o parque de Galeras e a carballeira de San Lourenzo, a partir das 11:00 horas. A duración estimada é de dúas horas fixando como punto de encontro o estadio de Santa Isabel.

Por último en Pontevedra o acto para sumar quilómetros para esixir xustiza para Julián Carrillo comezará ás 10 da mañá na estación de autobuses e discorrerá pola senda do río dos Gafos.

Runners, camiñantes do mundo, unídevos!

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *