Galicia
Galicia
1

YASAMAN ARYANI: 16 ANOS DE PRISIÓN POR PROMOVER O ABANDONO DO VELO

En Irán é delito que as mulleres aparezan en público co cabelo descuberto. Yasaman Aryani, activista de 24 anos, quería cambiar isto. Condenárona a 16 anos de cárcere por facer campaña contra o uso obrigatorio do veo

O Día Internacional da Muller de 2019, Yasaman e a súa nai quitáronse o pano e percorreron un vagón de tren só para mulleres en Teherán, repartindo flores. Yasaman falou das súas esperanzas dun futuro no que todas as mulleres poidan decidir libremente como se visten, “eu sen o hiyab e ti co hiyab”.
Tras facerse viral un vídeo desta acción, Yasaman foi detida e acusada de “incitar á corrupción e a prostitución e facilitalas” mediante a promoción do “abandono do veo”. As autoridades mantiveron recluída a Yasaman en réxime de illamento e ameazaron con deter á súa familia se non se “arrepentía”. Despois condenárona a 16 anos de cárcere. Terá que cumprir 10 anos da súa condena.  A cruel pena imposta a Yasaman forma parte dunha ofensiva máis ampla contra as mulleres que fan campaña contra as leis discriminatorias que impoñen o uso obrigatorio do veo en Irán.
Non podemos permitir que as autoridades iranianas rouben a Yasaman a súa vida e liberdade simplemente por defender algo tan básico como que as mulleres teñen dereito a decidir sobre o seu corpo e o que vestir ou non nel.

Un comentario en “YASAMAN ARYANI: 16 ANOS DE PRISIÓN POR PROMOVER O ABANDONO DO VELO

Comentarios cerrados.