Galicia
Galicia

Interior debe trasladar ás persoas migrantes e refuxiadas desde os CETIs á península, especialmente desde o centro de Melilla

As condicións nas que se atopan os centros de estancia temporal das cidades autónomas de Ceuta e Melilla non son as adecuadas para garantir a saúde das persoas que residen neles. A falta de recursos sanitarios e os problemas de hacinamento, fan imposible o desenvolvemento da vida das persoas baixo condicións de seguridade.

O problema do hacinamento é especialmente preocupante no caso de Melilla. Este centro alberga nestes intres a 1.753 persoas (o triplo do permitido), o cal imposibilita o cumprimento dos protocolos sanitarios para previr os contaxios. No caso de Ceuta, no centro conviven agora mesmo 464 persoas (48 persoas menos da capacidade total), mais baixo os mesmos riscos.

Dende hai anos, Amnistía Internacional está a denunciar a realidade que se vive nestes centros. Agora, dada a situación da pandemia actual, instamos de novo ao Ministerio do Interior a que actúe. As nosas peticións son fundamentalmente tres:

  1. Acelerar os trámites de traslado destas persoas, especialmente das máis vulnerables;
  2. Remover as dificultades impostas ás persoas admitidas a trámite como solicitantes de asilo para moverse é península;
  3. Pedir ao Ministerio de Saúde que se coordine co de Interior para cumprir coas medidas precisas para o acceso á saúde de todas as persoas.

É imperativo que se tomen estas medidas, pois  «el hacinamiento y la masificación incrementan el riesgo de contagio ya que no se pueden mantener las distancias de seguridad propuestas por las autoridades ni las condiciones de higiene necesarias para contener la expansión del virus«, sobre todo para as persoas de risco.

Máis información:

Neste contexto de pandemia, debe respectarse o dereito para solicitar asilo. Asimesmo, é obrigación dos Estados o non devolver ás persoas a lugares onde poidan correr o risco de sufrir graves violacións dos dereitos humanos (o principio de non devolución).

Amnistía Internacional, que lanzou un decálogo sobre como afrontar esta crise sanitaria en materia de dereitos humanos, ten tamén en marcha unha campaña, dirixida ao Ministerio de Sanidade, para esixir que se garanta a protección de todo o persoal sanitario que está a combater en España a pandemia.

Axúdanos a que o #TRASLADOURXENTE sexa unha realidade.

ASINA!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

code