Galicia
Galicia
0

APROBADA A LEI ORGÁNICA DE GARANTÍA INTEGRAL DA LIBERDADE SEXUAL NO CONGRESO DOS DEPUTADOS!

O pasado xoves 26 de maio aprobouse Lei de Garantía Integral da Liberdade Sexual. O Congreso dos Deputados, por 201 votos a favor, 140 en contra (todos os deputados de PP e Vox) e tres abstencións do grupo mixto, aprobou esta normativa que condensa as reivindicacións feministas e cambia o paradigma da violencia sexual: no centro xa non estará como respondan ou canto se resistan as mulleres a unha agresión, senón a súa vontade. O consentimento, libre e expresado claramente, convértese no eixo do tratamento da violencia sexual. Agora só queda a tramitación no Senado.

A lexislación considera como violación todo acto sexual no que non haxa consentimento, independentemente de se se usou ou non a forza ou a intimidación. Isto alíñase co Convenio de Istambul – onde se establece que só « si é si » e cualifica calquera sexo sen consentimento como violación – e chega cinco anos despois da violación grupal de « A manada ». Trátase así dunha norma que busca aumentar as garantías sobre a liberdade sexual das mulleres e que desde o Executivo consideran á vangarda en materia de protección de dereitos. 

A norma é unha das estrelas desta lexislatura en materia de igualdade e é unha das máis vangardistas de Europa. A súa aprobación supón, segundo a ministra da área Irene Montero: “un paso decisivo para cambiar a cultura sexual do noso país, lonxe da culpa e do medo, para deixar atrás a cultura da violación e crear unha cultura do consentimento”, afirmou na súa comparecencia previa á votación. Chega despois de case once meses de trámites legislativos arduos, entre os socios de coalición e os grupos de investidura, e foi, xunto á chamada lei trans (aínda en proceso) unha das que máis choques provocou entre os dous partidos no Goberno.

A normativa incorpora non só unha serie de medidas en distintos ámbitos para garantir o dereito das mulleres “á súa liberdade sexual”, senón tamén “a reparación das vítimas” e o recoñecemento, por primeira vez, das vítimas de violencia sexual, de explotación sexual e de trata con fins de explotación sexual como vítimas de violencia machista. Tamén a  mutilación xenital feminina e os matrimonios forzados entran nese concepto de violencia.

No ámbito penal, incorpora a submisión química como agravante dunha agresión sexual, que ata o de agora se considera abuso; os asasinatos por violencia sexual serán contabilizados como violencia machista; tipifica o acoso las cosas rúas como delito e inclúe tamén a violencia dixital. Ademais, o texto inclúe unha modificación da lei penal do menor, para que, nos casos nos que os agresores teñan menos de 18 anos, as penas leven sempre a medida accesoria de someterse a programas formativos sobre educación sexual e educación en igualdade. Tamén se prohibirá a publicidade que promova a pornografía; crearanse mecanismos para que as vítimas de violencia sexual teñan o mesmo acceso que as vítimas de violencia de xénero ás rendas de inserción; haberá axudas económicas para as vítimas de violencia sexual que gañen menos do salario mínimo e a educación sexual será obrigatoria en todas as etapas educativas. Ademais, abriranse centros de crise 24 horas, que xa deron os seus primeiros pasos, e que darán atención psicolóxica, xurídica e social a vítimas e familiares. Por outro lado, crearase unha liña telefónica dispoñible as 24 horas para  atender chamadas relacionadas con agresións sexuais e fomentarase a creación de fogares infantís especializados en vítimas menores de idade. 

Tamén haberá agravantes na pena cando se cometan agresións e violacións en grupo, así como o uso de armas, a violencia extrema, o trato denigrante, a vulnerabilidade da vítima, as relacións de parentesco e a utilización de substancias químicas. Entre os obxectivos da lei figura combater o proxenetismo e as condutas que favorecen o negocio da prostitución. Por último, faise fincapé na atención á vítima. Unha protección integral que busca ampliar os recursos de atención a máis vítimas con máis policía especializada e novas unidades de valoración forense.

Esta lei é un gran paso para a prevención, atención e protección de todas as mulleres, nenas e nenos vítimas de violencia sexual. Pon no centro o consentimento, garante o dereito á asistencia integral especializada e accesible.

En 2018, Amnistía Internacional denunciaba que se invisibilizaba, cuestionaba, non se daba protección, e que se xulgaba as mulleres que sufrían este tipo de violencia. Desde entón, a nosa organización xunto con numerosas organizacións feministas  traballa para impulsar unha lei que porotexa toda muller que sufrise ou pudiese sufrir algún tipo de agresión sexual ao longo da súa vida. 

Unha vez aprobada, atopámonos ante o reto da correcta aplicación desta lei, e para iso, é importante a adecuada coordinación coas Comunidades Autónomas, que son competentes en moitos ámbitos regulamentados pola lei.

Pero en calquera caso, temos que celebrar que por fin saíse adiante unha lei que aborda de maneira integral a violencia sexual, incluíndo prevención, atención e protección para as vítimas deste tipo de violencia.

Fontes suplementarias: 

No related posts.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.