Galicia
Galicia

Concurso de micorrelatos de Amnistía Internacional Galicia 2021

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Galicia convoca a edición 2020-21 do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a importancia e a realidade dos coidados. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas en centros de Educación Secundaria do Barbanza e as provincias de A Coruña e Pontevedra.

Neste último ano vemos máis clara que nunca a importancia dos coidados: a atención sanitaria, a protección das persoas maiores, os protocolos nos centros de ensino… Pero moitas veces estes labores bótanse enriba das mulleres maiores como aínda unha lousa máis, encárganse a migrantes sen dereitos, non se recoñece a dignidade de quen os desempeña e precarízanse os seus contratos. O lema do concurso suxire o tema: Como contarías a súa historia, que lles dirías, como tratarías con cariño, ás persoas que nos coidan?

Os textos teñen que ser inéditos e poden escribirse en galego ou castelán. A extensión máxima dos microrrelatos é de 250 palabras e os haikus deberán respectar as normas de métrica e estilo. Haberá tres categorías:

  • Autoras ou autores entre 12 e 13 anos (Haiku).
  • Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelato).
  • Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelato).

Comarca do Barbanza

Será a cuarta edición do concurso.

O prazo para entregar os traballos comeza o 1 de marzo e remata o 19 de marzo de 2021, ambos os días inclusive.

Os relatos enviaranse  ao correo electrónico do Grupo do Barbanza: barbanza@es.amnesty.org

Provincia da Coruña

Trátase da quinta edición do concurso

O prazo para entregar os traballos comeza o 18 de febreiro e remata o 22 de marzo de 2021, ambos os días inclusive.

Os relatos enviaranse  ao correo electrónico do Grupo da Coruña: acoruña@es.amnesty.org

Provincia de Pontevedra

É a 7ª edición do concurso.

O prazo para entregar os traballos comeza o 18 de febreiro e remata o 22 de marzo de 2021, ambos os días inclusive.

Os textos deben remitirse ao grupo de Amnistía Internacional de Vigo a través deste formulario.

Nestas ligazóns podes consultar as bases e os detalles da convocatoria en Facebook e Instagram.