III Asemblea Autonómica Amnistía Internacional Galicia
14/03/2020 @ 10:00 am – 6:00 pm – A Asemblea servirá de espazo para a rendición de contas e actividades realizadas polos diferentes grupos da Comunidade ao longo do ano, amais de ser un punto de encontro e debate entre tódolos activistas da nosa rede (uns 4.000 só en Galicia). Un dos maiores retos desta ocasión será trazar tanto o Plan Operativo rexional […]
Fecha/Hora
Date(s) - 14/03/2020
10:00 am - 6:00 pm
Ubicación
Biblioteca González Garcés
Categorías No Categorías
Fecha/Hora
Date(s) - 14/03/2020
10:00 am - 6:00 pm
Ubicación
Biblioteca González Garcés
A Asemblea servirá de espazo para a rendición de contas e actividades realizadas polos diferentes grupos da Comunidade ao longo do ano, amais de ser un punto de encontro e debate entre tódolos activistas da nosa rede (uns 4.000 só en Galicia).
Un dos maiores retos desta ocasión será trazar tanto o Plan Operativo rexional para o 2020, así como definir o seu encaixe na nova estratexia global de Amnistía Internacional 2021-2028.
Ademáis, esta xuntanza será o último momento para a presentación das candidaturas destinadas a renovar algúns dos actuais cargos do Comité Executivo Autonómico, como a presidencia, a secretaría, a tesouraría e dúas vogalías.
Pola tarde, e tras una xuntanza para comer e coñecernos mellor, estará con nós o Defensor dos Dereitos Humanos colombiano Gustavo Pérez, quen dende fai máis de vinte anos lidera á comunidade de Macarena (no departamento de Meta), zona con gran influencia das FARC.
Activista e defensor do municipio, foi elixido durante anos presidente da Junta de Acción Comunal polo seu compromiso cívico. No 2011, creou a Fundación por la Defensa de los Derechos Humanos y el Derecho Internacional Humanitario del Oriente y Centro de Colombia.
Categorías No Categorías