Galicia
Galicia

Recapitulando: Historias de dereitos humanos durante o confinamento

O confinamento foi un período de alto estrés emocional en todas as partes do mundo. Ademais, coa crise sanitaria por mor da Covid-19 produciuse un exceso de información. É por iso que traemos a colación estas historias ocorridas durante o confinamento en relación cos DD.HH.

Nixeria. Os nenos son as primeiras vítimas do conflito entre Boko Haram e os militares.

En maio, Amnistía Internacional publicou un novo informe sobre o impacto sobre os nenos do conflito en curso entre Boko Haram e os militares no nordeste de Nixeria. O informe revela os moitos delitos cometidos por ambas partes do conflito, con consecuencias devastadoras inmediatas e a longo prazo. Boko Haram secuestra miles de nenos, obrigando a miúdo aos nenos a convertirse en nenos soldados e ás nenas a ser «esposas», vítimas de violación ademais doutro tipo de violencias sexuais. O caso das «nenas Chibok», 276 estudantes secuestradas por Boko Haram hai 6 anos (e 112 aínda desaparecidas) foi un dos máis destacados pero está lonxe de ser un caso illado.

Facemos un chamamento ao goberno nixeriano para a liberación de todos os nenos detidos nas instalacións de detención na rexión e protexer deste modo a súa seguridade e liberdade.

© Mohammed Abdulsamad / The Walking Paradox

Estados Unidos. O informe do Pentágono infravalora as vítimas civís asasinadas nos ataques estadounidenses.

A principios de maio, Estados Unidos publicou o seu informe anual sobre as vítimas civís causadas polas operacións militares estadounidenses en todo o mundo. Segundo o Pentágono, as operacións estadounidenses mataron a 130 civís e feriron a 91 persoas máis en Iraq, Siria, Afganistán e Somalia no 2019. Estes números apuntan a que o Pentágono aínda está a contar á baixa o número de perdas humanas e desestimouos centos de vítimas civís documentadas por grupos de dereitos humanos como Amnistía Internacional en Siria e Somalia. Aínda que estes informes poden ser unha gran ferramenta para obter máis xustiza e rendición de contas, a súa falta de transparencia deixounos até o de agora sen validez. Amnistía seguirá facendo campañas para investigacións exhaustivas e independentes para descubrir a verdadeira escala de vítimas civís causadas polos ataques dos Estados Unidos.

Noticia relacionada: A situación das forzas armadas estadounidenses en Somalia

Mohamed Abdiwahab. Agence France Presse – Getty Images.

Catar. Traballadores migrantes sen recibir soldos durante meses polas obras dos estadios de fútbol do mundial de 2022.

© Handout/Getty Images

Os traballadores migrantes empregados nun proxecto de construción dun estadio da Copa Mundial da FIFA en Qatar traballaron ata sete meses sen soldo. Ao redor de 100 empregados de Qatar Meta Coats (QMC), unha empresa de deseño e construción subcontratada para as obras de fachada no estadio de Al Bayt de 770 millóns de euros, seguen esperando as súas retribucións polo traballo realiazdo. Están moi preocupados polas súas familias, que dependen do diñeiro que envían a casa dende Catar. Despois de que Amnistía Internacional plantexase o caso ante as autoridades cataríes e a FIFA, algúns empregados comezaron a recibir parte do que se lles debe, pero aínda teñen salarios pendentes. Aínda que Catar anunciou varias novas reformas para mellorar a protección dos traballadores migrantes, que representan o 90% da forza de traballo do país, a débil aplicación significa que os migrantes normalmente permanecen desprotexidos do abuso e explotación laboral. A principios deste ano, decenas de traballadores migrantes foron detidos en células superpoboadas e expulsados ​​do país despois de que as autoridades os enganasen ao decirlles que ían recibir probas (tests) para a COVID-19.

Se queres ampliar información sobre este tema, podes ler o seguinte: Catar 2022: Os abusos contra os traballadores da Copa do Mundo, ao descuberto