Galicia
Galicia

Anar Mammadli é un destacado defensor dos dereitos humanos e director do Centro de Observación Electoral e Estudos sobre a Democracia e cofundador da Iniciativa Clima de Xustiza en Acerbaixán. O pasado 29 de abril de 2024, dirixíase a recoller ao seu fillo á gardería cando uns homes enmascarados non identificados detivérono e levárono. O […]

Leer más...

Os eventos climáticos extremos e os desastres naturais están a resultar demoledores para moitas comunidades de persoas refuxiadas e desprazadas en todo o mundo, empeorando a súa situación e, nalgúns casos, forzándoas a moverse e empezar de cero unha vez máis. O caso máis tráxico vivímolo esta última semana en Valencia, onde as consecuencias da […]

Leer más...

“Entre o que os biólogos denominan animais auténticos, é dicir, os mamíferos, o home é o único que mata á súa femia. (…) A educación non sempre nos fai mellores. Quizais é que a entendemos mal: Quizais antes de educar aos nosos fillos para que teñan éxito económico e social, debésemos ensinarlles que o verdadeiro éxito radica ante todo no humanismo. (…) O home por si só non sobrevive na natureza. Só sobrevive xuntándose con outros e creando sociedades. E a condición sine qua non para logralo é a empatía”.

Leer más...

O pasado día 7 de outubro celebrouse o Día Mundial do Hábitat nun contexto social marcado pola urxencia na que se atopan unha gran cantidade de persoas hoxe en día para ter acceso a unha vivenda digna. Moitas familias, novas e colectivos minorizados teñen hoxe en día graves dificultades para atopar un lugar seguro e […]

Leer más...

O pasado 28 de setembro celebrouse o Día de Acción Global polo Acceso ao Aborto Legal e Seguro, coñecido tamén como o Día pola Despenalización e Legalización do Aborto. Esta iniciativa xurdiu en 1990 no V Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe e a convocatoria estendeuse a numerosos países de Europa, África, Asia e América do Norte. […]

Leer más...

A liberdade de expresión é un dereito fundamental que cobre as liberdades de opinión, de información e de prensa. É necesario para poder exercer outros dereitos humanos e para participar activamente nunha sociedade libre e democrática. É por isto que, segundo o dereito internacional, calquera limitación á mesma ten que ser mínima, proporcionada e xustificada. A liberdade […]

Leer más...

Martín González González Estamos xa a primeiros de xuño, o que significa que este domingo día 9 temos unha (outra) cita coas urnas. E non é unha cita calquera, xa que o que está en xogo é moito máis que factores económicos ou decimais nun gráfico: está en xogo a estabilidade dos sistemas naturais e […]

Leer más...

Tanto Amnistía Internacional como numerosas organizacións da sociedade civil advirtiron en repetidas ocasións que o comercio e despregamento opacos de tecnoloxías de fabricación privada —en especial, dos software espía— por parte dos estados provocou unha crise en materia de vixilancia dixital, a cal repercutiu negativa e gravemente nos dereitos humanos, as liberdades dos medios de […]

Leer más...

O próximo 9 de xuño celebraranse as eleccións ao Parlamento Europeo (PE) en todos os países membros. Os desafíos e oportunidades que ofrecen estas eleccións no que respecta aos dereitos humanos son dunha gran importancia, sobre todo perante a crecente ameaza de partidos e posicionamentos populistas de extrema dereita. Así, é importante lembrar que o […]

Leer más...

O pasado 23 de abril Amnistía Internacional publicou o seu Informe anual 2023/2024 sobre a situación dos dereitos humanos no mundo. Este informe documenta motivos de preocupación en materia de dereitos humanos en 155 países durante 2023, vinculando cuestións a nivel global e rexional e analizando as súas implicacións para o futuro. O informe presenta […]

Leer más...

O pasado día 11 de abril tivo lugar en Vigo a entrega de premios do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus (pequeños poemas típicos da literatura xaponesa) de Amnistía Internacional. Como cada ano, o acto estivo acompañado dunha invitada de honra: a filósofa e ensaísta Carme Adán. Este ano a temática foi o 75 aniversario […]

Leer más...

“Nunha sociedade racista non ser racista non é suficiente. Temos que ser antirracistas”  Con esta celebre frase resumía Angela Davis a necesidade dun compromiso firme en contra de toda forma de racismo ou de discriminación baseada na raza. O traballo sobre a xustiza racial en dereitos humanos significa ir máis aló dos casos individuais de […]

Leer más...

As mulleres son vítimas dunha violencia estrutural que non cede a ningunha tregua. O machismo e o patriarcado arrasan a vida de millóns de mulleres no mundo. Así, esta violencia que ten lugar contra as mulleres no mundo toma formas moi diversas, que van desde a discriminación, ata a exclusión ou a violencia física. Esta […]

Leer más...

Este próximo día 18 de febreiro, as galegas e os galegos estamos convocados ás urnas para decidir quen será o próximo ou próxima Presidente da Xunta de Galicia. Como en cada votación, hai moitos aspectos importantes da vida das galegas e galegos en xogo, e por suposto isto concerne tamén os nosos dereitos e liberdades […]

Leer más...

Nos próximos días 20 e 21 de febreiro terá lugar en Londres unha vista xudicial na que os avogados do xornalista e fundados de Wikileaks Julian Assange solicitarán ao tribunal permiso para celebrar unha vista de apelación no concernente á orde de extradición do xornalista a Estados Unidos. Se non o conseguen, a Assange non […]

Leer más...

Segundo o preámbulo da Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito a vivenda: “A  Constitución española (CE) recoñece, no seu articulo 47, o dereito ao desfrute de una vivenda digna e adecuada e impoñe seguidamente a los poderes públicos el deber de promover las condiciones necesarias que garanten a igualdade no exercicio dos dereitos […]

Leer más...

O pasado mércores día 20 de decembro, Europa espertouse con dúas novas desoladoras para a defensa dos dereitos humanos e, concretamente, os dereitos das persoas migrantes que arriban ás nosas costas. Producíase así unha concomitancia de dúas leis que saían á luz, a lei francesa sobre migración e o Pacto de Migración e Asilo a […]

Leer más...

Estes últimos días e semanas seguimos a celebración da Conferencia de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP28) que tivo lugar en Dubai entre o 30 de novembro e o 12 de decembro. Neste cume internacional tratáronse diferentes temas como a conclusión do primeiro exame global do Acordo de París, un debate sobre o financiamento […]

Leer más...

En 2023 conmemoramos o 75 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que coincide co 30 aniversario da Oficina do  Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. Durante 75 anos, a ambición da Declaración foi a de asentar nas sociedades igualdade, as liberdades fundamentais e a xustiza. A Declaración serve como un modelo e base para a elaboración […]

Leer más...

O próximo 30 de novembro celébrase o Cume sobre cambio climático das Nacións Unidas, que terá lugar este ano nos Emiratos Árabes Unidos. Ademais de chamar a atención o país no que se celebrará –unha das principais potencias petroleiras a nivel global– cabe sinalar ademais que, nesta ocasión, o Cume será presidido polo sultán Ahmed […]

Leer más...

Amnistía Internacional está a levar a cabo unha investigación sobre a preocupante situación migratoria en Canarias. Investigadores e investigadoras desprazáronse ás illas de Santa Cruz de Tenerife e o Hierro entre os días 25 e 28 de outubro nunha misión na que realizou un total de 21 entrevistas individuais e dous grupais a persoas migrantes […]

Leer más...

A historia de Bernardo Caal Xól é sen dúbida a dun resistente e defensor dos dereitos humanos en Guatemala.  O departamento de Alta Verapaz – de onde é orixinario Bernardo – é hoxe unha das rexións máis ricas do país. Posúe así xacementos de minerais e petróleo, amplos recursos forestais e grandes caudais de auga. […]

Leer más...

A protesta é hoxe en día un dereito fundamental en todo país que se diga democrático. Este dereito permite a todo individuo ou grupo de individuos contestar o poder establecido e funcionar como contrapoder, dando unha voz e un medio de expresión á sociedade civil. O dereito de protesta é así o corazón de moitos […]

Leer más...

O pasado 20 de agosto a nosa selección feminina de fútbol convertíase en campioa do mundo, na súa terceira ocasión competindo no campionato. Á incontrolable euforia de sabernos campioas, sucedeu con todo un embarazoso feito que ocupou páxinas e seccións en medios internacionais. Falamos, evidentemente, do bico non consentido do presidente da Federación Española de […]

Leer más...

O próximo 23 de xullo as españolas e os españois estamos chamados ás urnas, ano no que celebramos o 75 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Este é un momento fundamental para os partidos políticos e para o conxunto da poboación para definir e defender a sociedade que queremos, na que se respecten e […]

Leer más...

As iniciativas cidadás son hoxe en día un gran pulmón na loita polos dereitos humanos en todo o mundo, sendo unha clara proba do compromiso da sociedade civil polo respecto e difusión de valores como a democracia, a xustiza social e a non discriminación. Así, Rede Acampa é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro […]

Leer más...

O recentemente publicado informe anual de Amnistía Internacional sobre condenas a morte e execucións examina a aplicación xudicial da pena de morte durante o período comprendido entre xaneiro e decembro de 2022. Algúns dos datos máis relevantes do devandito documento son os seguintes: En efecto, no que atinxe as grandes tendencias mundiais detalladas no informa cabe subliñar […]

Leer más...

Segundo os datos dos que dispón Amnistía Internacional, cada día algún Estado executa ou condena a morte a alguén como castigo por algún delito, e ás veces por actos que non deberían estar castigados. Nalgúns países, pode impoñerse esta pena por delitos relacionados coas drogas, mentres que noutros se reserva para os actos de terrorismo […]

Leer más...

Este último mes de marzo publicouse o Informe Anual de Amnistía Internacional 2022-2023 sobre a situación dos dereitos humanos e a vulneración dos mesmos no mundo.  Este informe destaca a máis que preocupante invasión de Ucraína, que comezou hai máis dun ano, en febreiro de 2022. Así, en cuestión de meses, quedaron arrasadas infraestruturas civís, […]

Leer más...

Este 16 de marzo cúmprese un ano do asasinato de Mahsa Amini por parte do goberno iraniano. Lonxe de mellorar, a situación no país segue sendo crítica un ano máis tarde e os dereitos humanos son vulnerados de maneira sistémica polo goberno e os seus múltiples órganos de represión. En efecto, un lamentable caso que […]

Leer más...

Esta semana tivemos o pracer de poder charlar con Masha Pavlenko, vicepresidenta da Asociación galega de axuda a Ucraína (AGA Ucraína) sobre a actividade da asociación e a situación actual en Ucraína. A asociación dispón dun servizo de acollida de emerxencia e apoio para familias desprazadas, un servizo de inserción laboral, un servizo de tradución […]

Leer más...

Fai unhas semanas, tivemos a gran oportunidade de falar con Manuel Martín, médico e presidente da FADSP, sobre a situación da sanidade galega e sobre a implicación e a actividade asociativa na nosa comunidade autónoma, así como sobre as principales formas de mobilización por parte da sociedade civil na loita por un sistema sanitario máis […]

Leer más...

Miles de persoas radicais seguidoras seguidores do expresidente brasileiro, o ultradereitista Jair Bolsonaro, asaltaron este domingo as sedes do Congreso, da Presidencia e do Tribunal Supremo en Brasília, esixindo unha intervención militar para botar a Luiz Inácio Lula da Silva, que tomou posesión como presidente do país hai exactamente unha semana. Os manifestantes golpistas chegaron […]

Leer más...

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Galicia convoca a edición 2022-23 do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a urxencia de xestionar correctamente os recursos e a enerxía. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas en centros de Educación Secundaria do Barbanza e as provincias de A Coruña […]

Leer más...

Mentres que en Occidente falar sobre a pandemia parece pertencer ao pasado, en China multiplícanse as mobilizacións e as protestas contra as medidas sanitarias, sobre todo en cidades como Cantón, Pequín, Xangai e Wuhan. Novos enfrontamentos estalaron entre manifestantes e policías a pesar da chamada das autoridades para aplicar « medidas enérxicas » para reprimir […]

Leer más...

A protesta social pacífica é un dereito fundamental e como tal está protexido legalmente pola maior parte das constitucións nos diferentes países democráticos. Así, este dereito de protesta está intimamente ligado a outros dereitos humanos fortemente protexidos como é o dereito á liberdade de expresión ou de asociación. Nese sentido, as persoas teñen dereito a […]

Leer más...

O pasado 16 de setembro o mundo enteiro lamentaba a morte de Mahsa Amini, unha estudante iraniana de 22 anos, tres días despois de ser arrestada pola policía relixiosa islámica (tamén chamada policía da moral) por levar o veo de maneira inapropiada. Aínda que a policía afirmou que Amini morrera por mor dun problema cardíaco […]

Leer más...

O 5 de agosto de 2021, os talibáns tomaron o poder en Afganistán e desde ese momento os dereitos humanos – e especialmente os dereitos das nenas e mulleres afgás – están en perigo. Ata entón, as mulleres e nenas podían ter acceso libre tanto á educación primaria e secundaria como á educación universitaria e […]

Leer más...

Segundo os datos facilitados polas autoridades marroquís, 23 persoas, na súa maioría sudanesas, perderon a vida no seu intento de chegar a territorio español, á vez que polo menos outras 76 resultarían feridas, 13 delas de gravidade. As cifras que indican ONG marroquís elevan o número de mortos a 37. Así mesmo, tamén informou o Ministerio de Interior marroquí de 140 axentes marroquís feridos, cinco deles graves. 

Leer más...

Desde que estalou, en maio de 2021, o conflito armado entre Israel e grupos palestinos armados na Franxa de Gaza – o quinto en quince anos – producíronse sucesivos episodios moi violentos na zona, de tal forma que se fala mesmo de posibles crimes de lesa humanidade ou crimes de guerra. Estes consistiron fundamentalmente en ataques […]

Leer más...

« A noite do 24 de febreiro non podía durmir. Miraba Twitter sen parar e buscaba calquera sinal de que a invasión rusa que levaba tempo predicíndose non sucedería. Esa noite foi de insomnio para moita xente en Ucraína ».  Estas son as palabras dunha testemuña directa da invasión armada de Ucraína ordenada por Vladimir Putin, cuxo […]

Leer más...