Galicia
Galicia
1

Invasión rusa de Ucraína. Máis de un mes de guerra ás portas de Europa 

 

« A noite do 24 de febreiro non podía durmir. Miraba Twitter sen parar e buscaba calquera sinal de que a invasión rusa que levaba tempo predicíndose non sucedería. Esa noite foi de insomnio para moita xente en Ucraína ».  Estas son as palabras dunha testemuña directa da invasión armada de Ucraína ordenada por Vladimir Putin, cuxo […]

« A noite do 24 de febreiro non podía durmir. Miraba Twitter sen parar e buscaba calquera sinal de que a invasión rusa que levaba tempo predicíndose non sucedería. Esa noite foi de insomnio para moita xente en Ucraína ». 

Estas son as palabras dunha testemuña directa da invasión armada de Ucraína ordenada por Vladimir Putin, cuxo relato reflicte unha absoluta incredulidade e pavor perante a sucesión dos feitos desde o pasado 24 de febreiro. 

Estamos xa na sexta semana de conflito en Ucraína. Unha semana de insomnio da poboación civil no país, ameazada de maneira constante polas bombas rusas que destrúen as cidades. A guerra no país veciño non só provocou unhas terribles perdas materiais senón que ademais levouse innumerables vidas de civís alcanzados polo armamento ruso. Así, segundo un rexistro que a oficina de dereitos humanos de Nacións Unidas publicou este domingo 27 de marzo, o número de civís mortos por mor da guerra aumentou a 1119; 1119 vidas e mais de 1800 feridos, vítimas inocentes do conflito que arrasa hoxe en día o territorio ucraíno. 

Ademais, a estratexia rusa inclúe igualmente unha campaña global de desinformación tanto no territorio ruso como nas zonas de conflito en Ucraína. En efecto, o goberno ruso non só censurou as principais redes sociais no país, como Twitter ou Facebook, senón que tamén bloqueou certas páxinas web como a de Amnistía Internacional. A presenza case total do goberno nos medios e grandes canles de difusión de información provoca un terrible seguimento nos datos compartidos, sometidos constantemente ao control do Estado ruso e á súa ideoloxía imperante. Por citar un único exemplo, Amnistía Internacional denunciaba hoxe que « As autoridades rusas lanzaron unha caza de bruxas convertendo efectivamente o sistema de xustiza penal do país nun arma para axuizar a quen protesta contra a guerra e ás persoas influentes que critican ao Estado ao expresar a súa oposición á invasión rusa de Ucraína ». Así, desde o comezo do conflito polo menos 46 persoas foron acusadas de delitos. Polo menos en 10 destes casos investígase a persoas que expresaron críticas por « desacreditar » ás forzas da armada rusa, en aplicación dunha nova lei segundo a cal este delito pode ser castigado cun máximo de 10 anos de prisión ou mesmo 15 se os comentarios causaron « consecuencias graves ». Este control absoluto e violento de toda acción crítica contra o goberno fai moi difícil a expresión e organización de calquera tipo de oposición. 

A pesar desta terrible situación, a sociedade ucraína demostra unha asombrosa resiliencia e capacidade de unirse e infundir esperanza nas horas máis sombrías. As organizacións da sociedade civil, que foron a columna vertebral da sociedade ucraína durante anos, están centradas en axudar á poboación civil: organizan avaliacións, reciben a axuda humanitaria doutros países e tentan distribuíla polas zonas afectadas. E fano baixo os bombardeos incesantes, arriscando as suas vidas de forma constante. 

Outro elemento importante que debe ser destacado no concernente ao acceso a información fiable e verosímil é a utilización das redes sociais que fan unha serie de mozos e mozas comprometidos compartindo o seu día a día nas súas contas persoais. Son moitos os e as adolescentes que continúan a súa actividade en redes – fundamentalmente Tiktok e Instagram – contando como teñen que refuxiarse das bombas no metro ou tentar fuxir do país. Tamén se converteron nunha vía para comunicar a outros familiares – e ao mundo – que se manteñen con vida. Algúns destes perfís son: @valerisssh (fotógrafa de profesión, 20 anos), @alina_ volik (18 anos) ou @kkkarysia. 

Nun conflito de tal envergadura no que a desinformación é constante, todo acceso directo a información verídica e aos relatos das persoas que viven día a día as atrocidades cometidas polo réxime de Putin son de gran valor para a denuncia e a organización da oposición ao conflito. Desde Amnistía Internacional reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos humanos e condenamos a entrada armada en territorio ucraíno e a perda irrecuperable de vidas civís. 

Artigos relacionados/Fontes: 

Un comentario en “Invasión rusa de Ucraína. Máis de un mes de guerra ás portas de Europa 

  1. Unha das cousas máis terribles desta situación e que este conflicto que ao principio parecia de curta duración pode prolongarse no tempo, pois parece que o presidente ruso pensa que os europeos sobre todo, e os americanos se cansarán pronto de soportar os efectos económicos da guerra e que acabarán presionando a Ucrania para que acepte un tratado que Rusia poda vender como a súa victoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

*

code