Galicia
Galicia

A protesta social pacífica é un dereito fundamental e como tal está protexido legalmente pola maior parte das constitucións nos diferentes países democráticos. Así, este dereito de protesta está intimamente ligado a outros dereitos humanos fortemente protexidos como é o dereito á liberdade de expresión ou de asociación. Nese sentido, as persoas teñen dereito a […]

A protesta social pacífica é un dereito fundamental e como tal está protexido legalmente pola maior parte das constitucións nos diferentes países democráticos. Así, este dereito de protesta está intimamente ligado a outros dereitos humanos fortemente protexidos como é o dereito á liberdade de expresión ou de asociación. Nese sentido, as persoas teñen dereito a protestar pública e pacificamente, sexa de forma individual ou colectiva. Isto implica que ninguén pode impedirlle a outra persoa protestar e menos o seu propio goberno, aplicando leis que vaian en detrimento do exercicio destes dereitos.

Lamentablemente, estes prezados dereitos están a ser atacados e hai que protexelos de quen teme o cambio e queren que sigamos divididos. Os gobernos e outros actores con poder atopan constantemente novas formas de reprimir as protestas e silenciar as voces críticas. A tendencia global á militarización da función policial, o aumento do uso indebido da forza pola policía nas protestas e a redución do espazo da sociedade civil supoñen que cada vez sexa máis difícil estar seguros cando facemos oír a nosa voz. Ademais, a capacidade de protestar en condicións de seguridade é unha cuestión que coincide parcialmente co dereito a non sufrir discriminación. As persoas que sofren desigualdade e discriminación, por motivos de idade, raza, identidade de xénero e moitos outros factores, fan fronte a máis perigos para exercer o seu dereito para protestar. É fundamental que todas as persoas poidan protestar en condicións de seguridade e sen discriminación.

Actualmente se multiplican no mundo os exemplos de leis restritivas que tentan limitar este dereito de toda a cidadanía de expresarse pacificamente no espazo público. O exemplo máis flagrante atopámolo hoxe en día en Irán, onde as marchas pola morte de Mahsa Amini – da que falamos no noso anterior artigo – son reprimidas de forma moi violenta por parte da policía. Sen ir máis lonxe, en España, séguese protestando hoxe en día contra a coñecida « Lei mordaza » aprobada en 2015 polo Goberno do PP e que se basea na idea de considerar por defecto as persoas que se manifestan como delincuentes. Entre as medidas introducidas por esta polémica lei está por exemplo a que prohibe fotografar os policías. Estas gravacións permitían, por exemplo, denunciar usos abusivos de forza por parte dos axentes policiais. Igualmente, outra lei das mesmas características aprobouse en Francia en 2021, a chamada Lei pola seguridade global, que espertou grandes protestas e denuncias no país galo.

 É por todo isto que Amnistía Internacional traballa para denunciar as violacións do dereito de protestar e para apoiar a movementos en todo o mundo que se esforzan por lograr cambios positivos. Por iso a nosa campaña «Protexamos a protesta» pide aos gobernos que transmitan a mensaxe inequívoca de que hai que protexer a quen protesta e pídelles que eliminen os obstáculos e as restricións inxustificadas para poder exercer o dereito á protesta pacífica.

Fontes:

• «Protejamos la protesta», Amnistía Internacional: https://www.amnesty.org/es/what-we-do/freedom-of-expression/protest/

• «Vídeo | Un mes de protestas en Irán resumido en imágenes », El País: https:// elpais.com/videos/2022-10-21/video-un-mes-de-protestas-en-iran-resumido-en- imagenes.html?rel=buscador_noticias

• « El PP aprueba su ‘ley mordaza’ en solitario y entre protestas », El País: https:// elpais.com/politica/2014/12/11/actualidad/1418305773_390197.html?rel=buscador_noticias

• « Cinco de las acciones más polémicas de la ‘ley mordaza’ », El País: https://elpais.com/politica/2017/03/21/actualidad/1490095934_200471.html?rel=buscador_noticias

• « Loi sécurité globale, ce qui change pour les activités privées de sécurité », Ministerio del Interior Francés: https://www.cnaps.interieur.gouv.fr/Actualites/Loi-securite-globale- ce-qui-change-pour-les-activites-privees-de-securite

Un comentario en “O dereito a protestar: protexamos a protesta

  1. Silenciar voces criticas e non criticas e unha vulneracion de dereitos basicos.
    Tantos anos de caminho realizado non poden acadar nunha cova sin luz,sin aire,….
    Non poden afogar algo vital melhor convivir coa realidade….que E outra…

Comentarios cerrados.