Israel. A ocupación de territorios palestinos e o apartheid
Desde que estalou, en maio de 2021, o conflito armado entre Israel e grupos palestinos armados na Franxa de Gaza – o quinto en quince anos – producíronse sucesivos episodios moi violentos na zona, de tal forma que se fala mesmo de posibles crimes de lesa humanidade ou crimes de guerra. Estes consistiron fundamentalmente en ataques […]
Desde que estalou, en maio de 2021, o conflito armado entre Israel e grupos palestinos armados na Franxa de Gaza – o quinto en quince anos – producíronse sucesivos episodios moi violentos na zona, de tal forma que se fala mesmo de posibles crimes de lesa humanidade ou crimes de guerra. Estes consistiron fundamentalmente en ataques desproporcionados por parte das forzas israelís que causaron a morte de ata 242 persoas palestinas en Gaza e noutras cidades israelís onde vivía poboación xudía e palestina. Nestes lugares a violencia interétnica deu lugar a homicidios, enfrontamentos e danos ás propiedades. Así, por poñer un exemplo, a taxa de asasinatos nos que estaban implicadas persoas palestinas cidadás de Israel era 25 veces maior que a de casos nos que estaban implicadas persoas xudías cidadás de Israel, que constituían aproximadamente o 80% da poboación. Segundo a ONG Aman, 110 persoas palestinas cidadás de Israel morreron a mans de delincuentes en 2021, o número máis alto en decenios.
Devanditos ataques incluíron tamén ataques contra zonas seleccionadas onde había instalacións palestinas e persoal médico. Indirectamente, Israel mantivo igualmente un bloqueo ilegal da Franxa de Gaza, o cal supoñía un castigo de grandes consecuencias para os seus residentes e restrinxía de forma totalmente arbitraria o paso e circulación destes cidadáns no territorio de Cisxordania. Nesta mesma zona, a poboación palestina foi sometida tamén a desaloxos forzosos, detencións arbitrarias, torturas e malos tratos e todo iso cunha impunidade practicamente absoluta do estado de Israel. Estas políticas de desaloxo forzoso aplicáronse seguindo unha serie de plans promovidos polo Ministerio de Vivenda israelí para favorecer a construción de asentamentos ilegais ao suroeste de Belén, ao leste de Xerusalén e ao sur de Ramala nos Territorios Palestinos Ocupados (TPO). En efecto, na Cisxordania ocupada, incluída Xerusalén Oriental, as forzas israelís mataron a 75 persoas palestinas e feriron a 14.679, segundo a Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU para os Territorios Palestinos Ocupados (OCAH). En 2021 rexistráronse 118 ataques de colonos contra persoas palestinas, fronte a 84 en 2020.
Estas políticas represivas inclúen igualmente a retención e prohibición de acceso de innumerables activistas pola defensa dos dereitos humanos, como é o caso de Laith Abu Zeyad – responsable de campañas de Amnistía Internacional – que tiña prohibido viaxar fóra de Cisxordania ou Shatha Odeh – directora dos Comités de Traballo para a Saúde palestinos – que foi detida o 7 de xullo e permanecía recluída baixo custodia militar.
Este sistema de discriminación sistematizada é considerado hoxe en día como unha forma de apartheid, que é un crime de dereito internacional ratificado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas desde o ano 1973. Estas políticas de segregación inscríbense na orientación xeral de carácter autoritario e centralizador asumida polo goberno israelí. Algúns exemplos disto son a categorización de « terroristas » a seis organizacións palestinas da sociedade civil en outubro de 2021, a cancelación dos e das obxectores de conciencia do servizo militar e outra serie de medidas moi contestables e contestadas pola comunidade internacional. Esta tendencia autoritaria foi a propia de Israel desde que chegara ao poder do primeiro ministro Benjamin Netanyahu en 2009.
En consecuencia de tan dramática situación, o 3 de marzo a fiscal da Corte Penal Internacional, Fatou Bensouda, abriu unha investigación sobre a situación en Palestina que incluía os feitos ocorridos desde mediados de xuño de 2014 nos Territorios Palestinos Ocupados. Israel afirmou que a Corte non tiña autoridade e que non participaría na investigación. O 27 de maio, o Consello de Dereitos Humanos da ONU estableceu unha comisión internacional de investigación sobre violacións de dereitos humanos nos Territorios Palestinos Ocupados e Israel. O representante israelí ante a ONU anunciou inmediatamente que Israel non cooperaría.
Artigos relacionados/ Fontes:
- « Israel y los territorios palestinos ocupados » : https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/paises/pais/show/israel-y-los-territorios-palestinos-ocupados/?utm_source=email&utm_campaign=comp_contenido&utm_medium=social_com&utm_term=Other_issue&utm_content=en-que-estamos
- « Una filtración de datos masiva revela que el software espía de la empresa israelí NSO Group se utiliza para atacar a activistas, periodistas y figuras políticas en todo el mundo » : https://www.amnesty.org/es/latest/news/2021/07/the-pegasus-project/?utm_source=annual_report&utm_medium=epub&utm_campaign=2021&utm_term=spanish
- « Israel y Territorios Palestinos Ocupados: Los ataques sistemáticos de Israel contra viviendas en Gaza deben investigarse como crímenes de guerra » : https://www.amnesty.org/es/latest/news/2021/05/israelopt-pattern-of-israeli-attacks-on-residential-homes-in-gaza-must-be-investigated-as-war-crimes/?utm_source=annual_report&utm_medium=epub&utm_campaign=2021&utm_term=spanish
- Israel y TPO: Descarten planes de desalojo forzoso de familias palestinas en Silwan : https://www.amnesty.org/es/latest/news/2021/05/israel-opt-scrap-plans-to-forcibly-evict-palestinian-families-in-silwan/?utm_source=annual_report&utm_medium=epub&utm_campaign=2021&utm_term=spanish
- « La población palestina, sometida a detenciones discriminatorias, torturas y fuerza ilegítima por la policía israelí » : https://www.amnesty.org/es/latest/news/2021/06/israeli-police-targeted-palestinians-with-discriminatory-arrests-torture-and-unlawful-force/?utm_source=annual_report&utm_medium=epub&utm_campaign=2021&utm_term=spanish
- « Israel y Territorios Palestinos Ocupados: Las “estremecedoras repercusiones” de la prohibición de viajar para responsable de campañas de Amnistía deben ser una señal de alerta para todo el mundo » : https://www.amnesty.org/es/latest/news/2021/04/israelopt-chilling-repercussions-of-travel-ban-on-amnesty-campaigner-must-be-a-wake-up-call-for-all/?utm_source=annual_report&utm_medium=epub&utm_campaign=2021&utm_term=spanish
Un comentario en “Israel. A ocupación de territorios palestinos e o apartheid ”
Comentarios cerrados.
Debemos seguir protestando.