Países Baixos cambia a súa lexislación sobre violación: un exemplo para toda Europa
Países Baixos convértese nun dos primeiros países do mundo en considerar que sí houbo violación aínda sen violencia, pero no resto de estados queda moito camiño por percorrer.
Todas as formas de sexo non consentido, con o sen coacción ou violencia, serán considerarás legalmente «violación» e castigadas como un «delito grave» pola lexislación neerlandesa. O ministro de Xustiza neerlandés, Ferdinand Grapperhous, anunciou o proxecto de lei o pasado xoves 5 de novembro.
O ministrou inicialmente quería distinguir entre delitos sexuais con ou sen violencia, pero cambiou de idea tralas duras críticas de diputados, xuíces, o propio presidente do país e gran parte da sociedade. O proxecto prevé non ter problemas para aprobarse no Parlamento. Modificará a actual lei, na que a violación considerase un delito grave castigado cunha pena de prisión de ata doce anos, máis debe demostrarse que houbo penetración, que se fixo baixo coacción ou que se utilizou a violencia.
Son grandes novas que nos chegan dende os Países Baixos, máis cómo se compara nos países do seu entorno? Facemos un repaso polas definición de violación en diferentes países da Unión Europea:
En Bélxica, considerase violación se o acto sexual foi cometido por “violencia, coacción ou engano, ou é posible pola enfermidade ou deterioro físico ou mental da víctima”.
Na República Checa, só se considera violación se houbo “violencia, amenaza ou graves danos”.
En Dinamarca, “unha persoa que exerce relacións sexuais por violencia ou ameaza de violencia, é culpable de violación”.
En Suecia, é violación cando alguén, “por agresión ou con violencia ou pola ameaza dun acto delituoso, obriga a unha persoa a manter relacións sexuais ou un acto sexual comparable”.
En Portugal, é violación “no caso de usar violencia, forza ou ameaza grave ou facer que unha persoa estea inconsciente ou non poida resistir”.
E en España, considerase agresión sexual “o que atente contra a liberdade sexual de outra persoa, utilizando violencia ou intimidación”.
Os Países Baixos acaban de sacar unha proposta de lei vangardista en Europa e o mundo. A inmensa parte das definicións só consideran violación se houbo violencia, o que as convirte en obsoletas porque negan unha parte da realidade.
“Hai situacións nas que unha víctima quédase bloqueada polo medo e, polo tanto, non pode expresarse nin resisitrse», dixo o propio propulsor da lei, Ferdinand Grapperhous.
Todo avance nos dereitos das mulleres é un motivo de celebración. Máis neste caso, tamén é un motivo de reflexión. A inmensa parte de países deberían cambiar a súa lexislación porque, se non consideras violación a aquel acto sen violencia, non estás protexendo de verdade a todas as mulleres.