Galicia
Galicia

É hora de defender un comercio máis sostible e respetuoso

Neste 2020, millóns de pequenos comercios víronse obrigados a pechar as súas portas. Mentres tanto, Jeff Bezos, dono de Amazon, gañou 90 miles de millóns de doláres estadounidenses dende o comezo da pandemia. Na era do consumismo excesivo e o abandono do comercio local, deixámosvos unhas ideas para mercar agasallos de forma sositble.

En primeiro lugar están os regalos solidarios. Mercando na tenda online de Amnistía, non só estás levándote unha bolsa ecolóxica, unha camiseta, unha axenda, un calendario… Tamén axudas a que Amnistía poida seguir levando a cabo as súas accións e axundando a protexer os dereitos humanos aorredor do mundo.

En segundo lugar está o pequeno comercio. En todas as cidades e vilas galegas hai unha extensa rede de tendas que, aínda que non poden competir contra Amazon, Ebay, Shein… Sí ofrecen outras moitas cousas: cercanía, asesoramento, o pracer de ir de compras para quen lle guste, etc. Máis sobretodo cabe destacar non contribuír a que os ricos se fagan máis ricos a costa de persoas que se teñen que vir obrigadas a pechar a súa forma de gañarse a vida.

Este Nadal, regala local!