Guerra en Yemen con marca España
Dende o ano 2015, España facturou 2.000 millóns de euros en venta de armas a Arabia Saudí durante a guerra de Yemen. Este cifra é mil veces maior ao que o goberno español donou ao país en axuda humanitaria.
Dende o comezo da guerra, organismos internacionais advirten da grave crise que sufre Yemen. Porén, as axudas humanitarias dos países occidentais son case irrisorias cando as comparas cos beneficios que estos están facturando grazas á guerra. Dende o ano 2015, España facturou 2.000 millóns de euros en venta de armas a Arabia Saudí durante a guerra de Yemen. Este cifra é mil veces maior ao que o goberno español donou ao país en axuda humanitaria.
A primeira intervención sobre política exterior do presidente estadounidense Joe Biden tivo a Yemen como protagonista e anunciou a súa intención de deter a venta de armas a Arabia Saudí. Porén, España non deu indicios de deter esta venta, se nón que o estado español é un dos principais proveedores de armas ao país. O ano de inicio da intervención saudí na guerra, 2015, coincidiu co ano no que máis armas exportou España, cun valor total de 545,8 millóns de euros.
Segundo a ONU, o conflicto yemení é a maior crise humanitaria do mundo actual. Este conflicto xa deixa máis de 233.000 mortos, 50.000 feridos e 4,3 millóns de desprazados. É por isto que pedimos urxentemente a España que suspenda a venta de armas e deixe de participar neste sufrimento sen aparente fin, #RetoAlGobierno.
Fotografía: Bombardeos de la ciudad de Sa’ada (Yemen), abril de 2015. Foto: UNOCHA – Philippe Kropf / Flickr (CC BY-NC-ND 2.0) .