Galicia
Galicia

A autonomía do Estado palestino diminúe mentres persiste a segregación, a ocupación e o control territorial como política e práctica oficial do Estado de Israel. As familias palestinas resisten como poden.

Os bombardeos sobre Palestina son agora substuídos pola vella e represiva normalidade. O cese ao fogo a unha operación política de Netanyahu non impiden os disturbios de novo na mezquita de Al-Aqsa.

Os ataques producidos nas últimas semanas superaron os niveis de violencia producidos dende o ano 2014 entre palestinos e israelís.

Este novo enfrontamento violento xurdiu en resposta á ocupación territorial coa práctica do desaloxo forzado e derribo de vivendas e familias palestinas para posteriormente ubicar novos asentamentos de colonos israelitas. Neste último caso, a zona afectada estaba situada na xa delimitada zona árabe no Este de Xerusalén.

Os asentamentos de colonos xudeus, promovidos e legalizados polo Estado de Israel, cambiaron por completo e irreversiblemente o territorio de Cisxordania: construíuse un sistema de segregación, cun sistema de estradas, un sistema de auga e un sistema eléctrico paralelo. Os cidadáns israelitas xa non teñen que apenas cruzarse cos árabes. A súa estratexia é clara: aumentar os asentamentos xudeus e reducir a poboación palestina.

A autonomía do Estado palestino diminúe mentres persiste a segregación, a ocupación e o control territorial como política e práctica oficial do Estado de Israel.

Fotografía: © Ahmed Hijazy / Pacific Press / Getty Images