Galicia
Galicia

Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional Galicia 2023

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Galicia convoca a edición 2022-23 do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a urxencia de xestionar correctamente os recursos e a enerxía. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas en centros de Educación Secundaria do Barbanza e as provincias de A Coruña […]

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Galicia convoca a edición 2022-23 do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a urxencia de xestionar correctamente os recursos e a enerxía. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas en centros de Educación Secundaria do Barbanza e as provincias de A Coruña e Pontevedra.

É doado non valorar o noso planeta ata que vemos o custo humano da súa degradación: fame, desprazamento, desemprego, enfermidade e morte.  O cambio climático está estreitamente relacionado cos dereitos humanos porque afecta non só ao medio ambiente senón tamén ao noso benestar. A falta de medidas dos gobernos para abordar a crise climática, a pesar das perentorias probas científicas, podería ser a maior violación de dereitos humanos interxeneracional da Historia. Cóntanos cal pode ser a túa pequena contribución a tentar parar este cambio climático.

Os textos teñen que ser inéditos e poden escribirse en galego ou castelán. A extensión máxima dos microrrelatos é de 250 palabras e os haikus deberán respectar as normas de métrica e estilo.

Comarca do Barbanza

VII Concurso de Microrrelatos.

Categorías:

    1º e 2º ESO (Microrrelato).

    3º e 4º ESO (Microrrelato).

O prazo para entregar os traballos comeza o 23 de xaneiro e remata o 19 de marzo de 2023, ambos os días inclusive.

Os relatos enviaranse  ao correo electrónico do Grupo do Barbanza: barbanza@es.amnesty.org

Provincia da Coruña

VII Concurso de Microrrelatos Haikus e Poesías 

Categorías:

    Autoras e autores entre 12 e 13 años (Microrrelatos, Haikus e Poesía).

    Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelatos, Haikus e Poesía).

    Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelatos, Haikus e Poesía).

O prazo para entregar os traballos comeza o 23 de xaneiro e remata o 19 de marzo de 2023, ambos os días inclusive.

Os relatos enviaranse  ao correo electrónico do Grupo da Coruña: acoruna@es.amnesty.org.

Provincia de Pontevedra

VII Concurso de Microrrelatos e Haikus.

Categorías:

    Autoras ou autores entre 12 e 13 anos (Haikus).

    Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelatos).

    Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelatos).

O prazo para entregar os traballos comeza o 16 de xaneiro e remata o 21 de febreiro de 2023, ambos os días inclusive.

Os textos deben remitirse ao grupo de Amnistía Internacional de Vigo a través deste formulario. Nestas ligazóns podes consultar as bases e os detalles da convocatoria en Facebook, Instagram e Twitter.