Galicia
Galicia

21 de marzo. Día internacional da eliminación da discriminación racial

“Nunha sociedade racista non ser racista non é suficiente. Temos que ser antirracistas”  Con esta celebre frase resumía Angela Davis a necesidade dun compromiso firme en contra de toda forma de racismo ou de discriminación baseada na raza. O traballo sobre a xustiza racial en dereitos humanos significa ir máis aló dos casos individuais de […]

“Nunha sociedade racista non ser racista non é suficiente. Temos que ser antirracistas” 

Con esta celebre frase resumía Angela Davis a necesidade dun compromiso firme en contra de toda forma de racismo ou de discriminación baseada na raza. O traballo sobre a xustiza racial en dereitos humanos significa ir máis aló dos casos individuais de discriminación, loitando contra a opresión racial estrutural. Isto implica traballar cara a un cambio e cara a solucións de carácter sistémico, abordando as causas fundamentais da opresión racial na súa interacción co patriarcado, o colonialismo e a escravitude, así como coa desigualdade económica. A discriminación racial e as secuelas da escravitude e o colonialismo seguen destruíndo vidas e minguando oportunidades, impedindo a miles de millóns de persoas gozar plenamente dos seus dereitos humanos e liberdades. É esta loita que conmemoramos este 21 de marzo no Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.

O 21 de marzo de 1960, na cidade de surafricana de Sharpeville, axentes da policía abriron fogo contra un grupo de persoas que protestaban pacificamente contra a aprobación da “lei de pases”. Esta lei formaba parte da política de segregación racial creada para limitar os dereitos das persoas negras e manter a dominación da minoría branca. Para logralo obrigaba á poboación negra surafricana a levar un pase para controlar e restrinxir os seus desprazamentos en zonas urbanas e rurais do país.

Desde Amnistía Internacional Galicia, denunciamos todo tipo de discriminación, tamén aquelas baseadas en discursos de raza discriminatorios que xeran de maneira sistemática formas de discriminación violentas e variadas, cando non chegan a represións físicas ou mesmo á morte. O racismo é un problema estrutural que as sociedades occidentais estamos lonxe de ter deixado atrás.

Así, España é un dos países que máis controis de identidade baseados en perfil racial realiza, segundo a Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA). A pesar da súa prohibición na lexislación española, as prácticas discriminatorias seguen sendo unha realidade preocupante: o 26% das persoas afrodescendientes se senten discriminadas permanentemente en España.  Fronte a esta porcentaxe, só un 4% das persoas que sentiron así chegaron a denunciar, sendo un dos países da UE onde menos denuncias preséntanse. No seu informe de 2022, o Defensor do Pobo sinalaba que España seguía sen cumprir as recomendacións dos organismos internacionais para a prevención e erradicación das identificacións por perfil racial, recibindo continuas queixas relativas a esta práctica policial.

É por todo isto que Amnistía Internacional sinala ademais que para priorizar unha axenda antirracista que axude a combater este problema endémico, débese implementar o Marco Estratéxico contra o Racismo e a Xenofobia e prohibir os controis de identidade baseados no perfil racial.

Unha sociedade na que a igualdade das persoas non está garantizada non é unha sociedade que respecta e protexe os direitos humanos de todos os seus cidadáns, sendo así necesario que a sociedade civil se mobilice contra os comportamentos racistas tan enraizados nas nosas leis e políticas públicas e mesmo na nosa vida cotiá, ainda que sexa moitas veces de forma inconsciente.

Fontes:

https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/noticias/noticia/articulo/dia-internacional-contra-el-racismo-espana-debe-dejar-de-realizar-controles-de-identidad-basados-en-perfiles-raciales/

https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/por-un-mundo-sin-discriminacion-las-frases-mas-inspiradoras-para-promover-la-igualdad/

https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/en-el-dia-internacional-para-la-eliminacion-de-la-discriminacion-racial-recordamos-la-masacre-de-sharpeville-y-el-racismo-institucional/

https://www.un.org/es/observances/end-racism-day

https://www.inclusion.gob.es/oberaxe/es/publicaciones/documentos/documento_0158.htm