Galicia
Galicia
0

Eleccións europeas do 9 de xuño. Mobilízate!

O próximo 9 de xuño celebraranse as eleccións ao Parlamento Europeo (PE) en todos os países membros. Os desafíos e oportunidades que ofrecen estas eleccións no que respecta aos dereitos humanos son dunha gran importancia, sobre todo perante a crecente ameaza de partidos e posicionamentos populistas de extrema dereita. Así, é importante lembrar que o […]

O próximo 9 de xuño celebraranse as eleccións ao Parlamento Europeo (PE) en todos os países membros. Os desafíos e oportunidades que ofrecen estas eleccións no que respecta aos dereitos humanos son dunha gran importancia, sobre todo perante a crecente ameaza de partidos e posicionamentos populistas de extrema dereita. Así, é importante lembrar que o PE ten capacidade para elaborar leis que se aplicarán en todos os países membros da Unión e que son fundamentais para o respecto e defensa dos dereitos humanos, como é o caso –por exemplo– da Lei de Migración e Asilo que presentamos anteriormente neste blogue.

En efecto, a cita electoral ten lugar nun momento en que o mundo se enfronta a crecentes desafíos en materia de dereitos humanos. A Unión Europea non está a responder adecuadamente a eses desafíos, nin dentro nin fóra das súas fronteiras e a composición do novo Parlamento será crucial para abordalos. Ante o aumento de discursos e políticas xenófobas e racistas; os intentos de retrocesos en dereitos das mulleres e persoas LGBTI, e ante a necesidade de impulsar políticas que garantan o acceso á saúde ou á vivenda digna e compromisos para frear a crise climática, desde Amnistía Internacional resaltamos a urxencia de poñer os dereitos humanos no centro destas eleccións.

Amnistía Internacional publicou o seu Manifesto ante as Eleccións da UE, que pretende inspirar a candidatos e candidatas e servir de guía básica a votantes que aspiren a unha Europa onde todas as persoas gocen dos seus dereitos humanos. Estas reclamacións de acción céntranse en catro piares fundamentais:

  • Unha Unión Europea baseada na protección dos dereitos humanos para todas e todos.
  • Unha protección de refuxiados e migrantes en Europa centrada na solidariedade e os dereitos humanos.
  • Unha política exterior da UE articulada ao redor da promoción e protección dos dereitos humanos.
  • Unha acción urxente e vital sobre o cambio climático.

Nesta mesma liña manifestouse Eve Geddie, directora da Oficina de Amnistía Internacional ante as Institucións Europeas: “Para lograr un futuro mellor, máis xusto e máis sostible, a Unión Europea debe poñer os dereitos en primeiro plano e no centro da súa acción. Necesitamos un Parlamento Europeo cuxos membros respecten e promovan os dereitos humanos dentro e fóra da rexión e estean dispostos a esixir rendición de contas ás institucións da UE que non o fagan”.

“As eleccións da UE inflúen de maneira decisiva na vida cotiá e o futuro de millóns de persoas. Nun momento en que os principios básicos de dereitos humanos e o Estado de dereito corren perigo en toda a rexión, é imprescindible que a poboación faga oír a súa voz e estableza o rumbo que vai tomar a UE.”

Fontes

  • https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/noticias/noticia/articulo/europa-amnistia-internacional-publica-con-un-mes-de-antelacion-su-manifiesto-ante-las-elecciones-al-parlamento-de-la-ue/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *