Galicia
Galicia
0

A traxedia da Dana en Valencia: vulneración dos dereitos humanos e falta de alternativas para os desprazados climáticos

Os eventos climáticos extremos e os desastres naturais están a resultar demoledores para moitas comunidades de persoas refuxiadas e desprazadas en todo o mundo, empeorando a súa situación e, nalgúns casos, forzándoas a moverse e empezar de cero unha vez máis. O caso máis tráxico vivímolo esta última semana en Valencia, onde as consecuencias da […]

Os eventos climáticos extremos e os desastres naturais están a resultar demoledores para moitas comunidades de persoas refuxiadas e desprazadas en todo o mundo, empeorando a súa situación e, nalgúns casos, forzándoas a moverse e empezar de cero unha vez máis. O caso máis tráxico vivímolo esta última semana en Valencia, onde as consecuencias da Dana (Depresión Illada Niveis Altos) acabaron coa vida de 217 persoas confirmadas pola Generalitat, provocando ademais a perda de fogares e lugares de traballo.

Esta traxedia testemuña non só da falta de preparación ante unha catástrofe natural desta amplitude –que se farán, coa evolución do cambio climático, cada vez máis frecuentes e severas– senón tamén dunha falta de perspectiva e alternativas ante as persoas desprazas por razóns climáticas, que se senten abandonadas e sen ningún tipo de alternativa ofrecida polos poderes públicos. Por poñer un exemplo, en tan só catro días, as solicitudes de indemnizacións polos danos causados por inundacións superan as 35.800, sen que se saiba aínda se se poderá dar unha solución a todas elas. Ademais, está claro que estas indemnizacións –cando teñan lugar– son claramente insuficientes para reconstruír vidas rotas e fogares destruídos, nos que en moitos casos as persoas afectadas non poderán volver vivir, sufrindo ademais a ameaza dun novo episodio destas características.

Os efectos de eventos extremos como a DANA convertéronse nunha das causas de desprazamento forzado, xerando o concepto de desprazados climáticos. Este termo fai referencia a persoas que ven obrigadas a abandonar os seus fogares debido a desastres naturais relacionados co cambio climático, como inundacións, secas ou tormentas. Actualmente, a Convención de Xenebra de 1951 só considera refuxiados a aquelas persoas que foxen dos seus países debido a persecucións por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a determinado grupo social ou opinións políticas. Esta definición exclúe a quen debe abandonar os seus fogares por razóns ambientais, como as inundacións, tormentas ou secas extremas, a pesar de que estes fenómenos tamén os poñen en situacións de extrema vulnerabilidade.

A frecuencia, intensidade e magnitude destes desastres climáticos – como amosa a catástrofe de Valencia– é un sinal de advertencia para o mundo que non debe ser ignorado. Mentres que a crise climática impacta a todos a nivel global, os máis vulnerables son os que están a soportar a peor parte. O mundo necesita actuar agora para asegurar que as comunidades máis vulnerables non queden atrás.

Desde Amnistía Internacional, defendemos que é necesario presionar aos gobernos e a institucións como a ONU para emprender accións concretas e urxentes en materia de cambio climático. Non é unha cuestión de caridade ou de axuda humanitaria, senón de xustiza e dereitos humanos. Ínstase así a todo goberno a implicarse de maneira activa e facer todo o posible por reducir as emisións de carbono, incluída a eliminación gradual dos subsidios aos combustibles fósiles. Pero, sobre todo, os gobernos deben prever –o que non ocorreu no caso de Valencia– este tipo de catástrofes naturais e axudar ás persoas para adaptarse ao cambio climático, e proporcionar compensacións e alternativas de vida ás persoas afectadas, que garantan o respecto dos seus dereitos fundamentais.

Fontes

https://es.euronews.com/my-europe/2024/11/03/la-lluvia-complicara-hoy-las-labores-de-rescate-mas-de-213-muertos-por-la-dana

https://www.acnur.org/sites/default/files/2023-05/Convencion_1951.pdf

https://www.acnur.org/noticias/notas-de-prensa/acnur-alerta-sobre-el-impacto-del-cambio-climatico-en-las-comunidades-de-refugiados

https://www.amnesty.org/es/latest/campaigns/2015/12/climate-change-human-rights/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *