Galicia
Galicia

Intolerables vulneracións de dereitos humanos na fronteira de Melilla con Marrocos

Segundo os datos facilitados polas autoridades marroquís, 23 persoas, na súa maioría sudanesas, perderon a vida no seu intento de chegar a territorio español, á vez que polo menos outras 76 resultarían feridas, 13 delas de gravidade. As cifras que indican ONG marroquís elevan o número de mortos a 37. Así mesmo, tamén informou o Ministerio de Interior marroquí de 140 axentes marroquís feridos, cinco deles graves. 

Segundo os datos facilitados polas autoridades marroquís, 23 persoas, na súa maioría sudanesas, perderon a vida no seu intento de chegar a territorio español, á vez que polo menos outras 76 resultarían feridas, 13 delas de gravidade. As cifras que indican ONG marroquís elevan o número de mortos a 37. Así mesmo, tamén informou o Ministerio de Interior marroquí de 140 axentes marroquís feridos, cinco deles graves. 

A Delegación do Goberno en Melilla, pola súa banda, deu conta da entrada en territorio español de 133 migrantes, un deles menor de idade. No intento de salto do valo fronteirizo resultaron feridos, segundo datos da Delegación de Goberno, 49 axentes da Garda Civil, todos leves, e 57 migrantes, dos que só un continúa ingresado.

Amnistía Internacional (AI) recibiu informacións visionado imaxes que indican que, unha vez máis, as autoridades españolas levaron a cabo devolucións en quente. Estas prácticas, reiteramos, están prohibidas baixo o dereito internacional, impiden a posibles refuxiados formular peticións de protección internacional, e tamén impiden a detección de persoas en situación de vulnerabilidade.

A organización tamén visionou imaxes que mostran as forzas de seguridade marroquís empregar un uso excesivo da forza contra as persoas migrantes e demandantes de asilo e refuxio; en particular, golpeando coas súas porras persoas que xa se atopaban totalmente baixo o seu control e custodia, e que non opoñían resistencia nin mostraban actitude violenta, con golpes lanzados desde arriba cara abaixo, o que incrementa as posibilidades de causar lesións graves en partes sensibles do corpo, como a cabeza. A organización tamén visionou imaxes que mostran a situación de amoreamento á que as forzas policiais marroquís someterían a decenas de migrantes nas inmediacións do perímetro fronteirizo.

«Aínda que os migrantes puidesen actuar con violencia no seu intento de entrada a Melilla, no control de fronteiras non todo vale. Os dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas deben ser respectados, e situacións como a vivida hoxe non poden repetirse máis. Pedimos ás autoridades españolas e marroquís que investiguen de forma pronta e exhaustiva as graves violacións aos dereitos humanos que se produciron hoxe a ambos lados da fronteira», asegura Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España.

Por outra banda, incluso o secretario xeral de Nacións Unidas, Antonio Guterres, publicou este mércores un «tweet» no que se mostra «consternado» pola «violencia» na fronteira de Melilla e cualifica de « inaceptable » o « uso excesivo da forza ». A súa mensaxe era a seguinte: « Estou impactado pola violencia na fronteira entre Nador [Marrocos] e Melilla o venres co resultado da morte de ducias de migrantes e solicitantes de asilo. O uso excesivo da forza é inaceptable, e os dereitos humanos e a dignidade das persoas en movemento deben ser priorizadas polos países ».

Así, o pasado 29 de xuño Amnistía Internacional enviou unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, así como ás autoridades marroquís, para instarlles a que poñan en marcha unha investigación independente e exhaustiva. Recoñécense nesta carta oito 8 violacións dos dereitos humanos cometidas no paso fronteirizo entre Marrocos e Melilla, entre os cales se atopan a violación do dereito á vida, a violación do dereito á integridade física e malos tratos e o trato cruel, inhumano e degradante reflectido nas condicións de amoreamento de persoas baixo custodia das forzas de seguridade marroquís. Igualmente, foron convocadas numerosas concentracións a nivel nacional para mostrar o forte rexeitamento de parte da sociedade civil a esta situación de vulneración flagrante de dereitos humanos.

Por último, Amnistía Internacional lembra unha vez máis que para evitar todo este sufrimento son necesarias vías legais e seguras para que todas as persoas que se ven forzadas a desprazarse, independentemente da súa procedencia, vexan respectados os seus dereitos a un procedemento con todas as garantías e non discriminatorio para pedir asilo e protección.

Fontes: