Galicia
Galicia

Entrevista a Manuel Martín, médico e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP)

Fai unhas semanas, tivemos a gran oportunidade de falar con Manuel Martín, médico e presidente da FADSP, sobre a situación da sanidade galega e sobre a implicación e a actividade asociativa na nosa comunidade autónoma, así como sobre as principales formas de mobilización por parte da sociedade civil na loita por un sistema sanitario máis […]

Fai unhas semanas, tivemos a gran oportunidade de falar con Manuel Martín, médico e presidente da FADSP, sobre a situación da sanidade galega e sobre a implicación e a actividade asociativa na nosa comunidade autónoma, así como sobre as principales formas de mobilización por parte da sociedade civil na loita por un sistema sanitario máis xusto e accesible a todo o mundo. 

  • Que é a FADSP e que relación ten cos movementos pola defensa Sanidade Pública en marcha actualmente?

É unha organización de presionáis de tódalas categorías que traballan no sistema sanitario público. Estamos integrados nas Plataformas que Defenden a Sanidade Pública como SOS Sanidade en Galicia ou as Mareas Brancas no resto do Estado. Impulsamos a creación das mesmas dende fai anos. 

  • Cales son as próximas convocatorias para a defensa Sanidade Pública en Galicia e cómo podemos estar ao tanto das novas sobre as actividades que se están a realizar (se hai perfís de redes sociais que agrupen convoatorias, blogues,…)?

Participamos na Iniciativa Lexislativa Poluar para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria que presentamos no Parlamento de Galicia para que este debata e aprobe unha serie de medidas que eviten el deterioro e desmantelamento de este nivel asistencial e que conseguiu mais de 50.000 firmas. Para mostrar el gran respaldo social a esta Iniciativa convocamos una Manifestación o dia 12 de febreiro en Santiago de Compostela que conta co apoio de tódalas organizacions que integran SOS (partidos, sindicatos, organizacions veciñais, de pacientes, profesionais e traballadores/as da sanidade, ONGs, Xuntas de Persoal das Áreas Sanitarias,  Concellos , Deputacións, etc.). Desde SOS Sanidade Pública e dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

  • Cal é a implicación desde movimiento na nosa comunidad actualmente? Podería dicirme cantas agrupación locais hai en Galicia e canta xente organizando as mobilizacións?

Temos mais de 35 Plataformas en mais de 40 organizacions en todo o territorio. O numero e difícil de precisar por que estanse a constituír continuamente  novas Plataformas.

  • Cal é o estado da sanidade en Galicia e cales son os puntos claves que se reclaman?

A situación es de risco real de desmantelamento e privatización , especialmente da Atención Primaria como consecuencia de unha financiación insuficiente e a destrución de postos de traballo. Os hospitais públicos tamén están sendo baldeirados de recursos para abrir paso as empresas e fondos de inversións multinacionais que están comprando a rede de hospitais privados tradicionais en Galicia. Ultimamente a Consellería de Sanidade autorizou que o persoal médicos poda traballar na publica e na privada o que supón abrir paso a corrupción e ao incremento das listas de espera.

A sanidade galega carece dos recursos necesarios e en temas crave como o persoal ou no orzamento estanmos na cola do Estado.

  • De que modo afecta na práctica do día a día dun centro de saúde ou dun hospital a situación actual?

A falta de persoal nos Centros de Saude crea barreiras de acceso aos Centros,  masifica as consultas, xera listas de espera inaceptables, diminúe a calidade e pon e perigo a saúde, como mostra o crecemento da mortalidade evitable e xeral no explicada pola epidemioloxía.

  • Por qué se pon o foco pola parte das asociacións de profesionais sanitarios no perigo da Atención Primaria?

A Atención Primaria e necsaria para a promoción e prevención da saude,  e a base do sistema e debería ser o eixo para do mesmos. Ademais de racionalizar a entrada de paciente ao sistema debería controlar tódolos procesos asistencias para garantir a racionalidade e  a continuidade da atención.

  • Como está sendo a resposta das autoridades políticas ás reivindicacións e mobilizacións?

A política sanitaria da  Xunta baséase na ideoloxía liberal que rexeita ao sistema público e considera a saúde unha mercancía mais. Polo tanto o seu obxectivo final e a privatización do Sistema Publico. Esto explica o deterioro e desmantelamento do mesmo  para dar entrada ao sector privado.

  • E a resposta da sociedade, perceben a preocupación social e o apio ás reivindacións?

Trala péndema a poboación ten clara a  barreiras para acceder aos Centros de Saúde e as litas de espera nos hospitais, que intenta solucionar recorrendo a seguros privados , que tamén ten listas de espera, consultas telefonías ou expulsa a publica  a que ten problemas de saúde importantes. O colapsos recorrentes das urxencias afectan aos bo funcionamento dos hospitais. A case a desaparición da Atención Primaria esta a crear e crea bolsas de enfermos pendentes de tratamento cada veza mais importantes.

  • Cal é o seguinde paso se non funciona a mobilización na rúa? Hai un plan B? Cren que vai cegar a unha solución o conflicto?

A mobilización social e profesional e po único que pode cambiar a política da xanta. Se non o fai a poboación será consciente de que terá que cambar de goberno.

  • Que podemos facer os usuarios para mellorar os nosos propios servizos? Como podemos colaborar?

Protestado nos centros, acudindo as manifestacións, apoiando aos profesionais sanitarios. As forzas económicas que promoven a privatización son fortes  pero a medio e longo prazo non poderán frear a presión da poboación e do persoal sanitario informado e consciente da necesidade de defender a súa Sanidade Pública.