Galicia
Galicia
1
Cartel concurso microrrelatos

Concursos de microrrelatos sobre acoso escolar nos grupos do Barbanza e A Coruña

O Grupo Local de Amnistía Internacional Coruña e o Grupo de Acción do Barbanza convocan cadanseu Concurso Xuvenil de Microrrelatos Xuvenil sobre acoso escolar. 

«No noso grupo conseguímolo«. Este é o tema baixo o que se convocan uns concursos de microrrelatos sobre acoso escolar no que poderán participar mozos e mozas do Barbanza e A Coruña. O obxectivo dos mesmos é sensibilizar sobre o problema do acoso escolar e concienciar sobre a importancia de tomar medidas para previlo. Tamén se quere incidir na importancia de saber xestionar as emocións para evitalo e difundir novos medios -como equipos de mediación- para anticiparse a esta problemática ou abordala dun xeito integral en caso de que se produza.

No caso do Grupo Local da Coruña é a terceira vez que se convoca mentres que no Grupo de Acción do Barbanza é a segunda. En ámbolos dous casos colabora a Rede de Escolas polos Dereitos Humanos.

A extensión máxima dos traballos será de 250 palabras. Os textos deberán ser orixinais e inéditos e poderan presentarse en castelán ou galego. Haberá dúas categorías:

  • Entre 14 e 16 anos.
  • Entre 17 e 21 anos.

As persoas interesadas en participar deberán entregar os seus traballos antes do 8 de marzo. Deberán facelo nos correos barbanza@es.amnesty.org ou acoruna@es.amnesty.org e remitirase a través duns formularios dispoñibles nos seus respectivos facebooks. No caso do Barbanza concederanse premios por categorías e modalidades:

  1. Premio ao mellor microrrelato valorado por un xurado: un premio por cada categoría segundo a idade que consistirá nun cheque por valor de 100 euros para gastar nunha librería e un agasallo de Amnistía Internacional.
  2. Premio para o microrrelato máis popular: o texto máis votado no seu Facebook terá un premio por cada idade (cheque por valor de 50 euros para gastar nunha librería e agasallo de AI).

No concurso do Grupo Local de A Coruña establécese un premio segundo a categoría por idade: cheque de 100 euros para gastar nunha librería e regalo de Amnistía Internacional. Anímate a participar porque entre tod@s podemos acabar co acoso escolar!

 

Un comentario en “Concursos de microrrelatos sobre acoso escolar nos grupos do Barbanza e A Coruña

  1. Cousas, din moitas cousas e ningunha boa, cren que teñen o dereito de dicirme o que me merezo ou o que deixo de merecer, disfrazan de realidade a súa opinión, de consellos as súas burlas, cren que creo que me queren axudar cambiándome, realmente cren que eu non me dou conta de nada, que non sei o que pensan sobre min, cren que os creo.
    Sempre dicía que estaba ben e todos sabían que non era verdade, que aínda que eu me fixera o tonto, xa sabía a realidade, pero non quería preocuparlles, porque eu non necesitaba a ninguén para defenderme… non?
    Anos despois aínda dubido… dixéronme que o acoso era algo insoportábel, pensaba que era moi sinxelo saber cando o sofres pero se vives nun ruído constante e mi difícil discernir o son. E eu pode que tivera sorte atopando amigos que me ensinaron que había máis vida que aquelo, pero decídeme, que pasa cos nenos que non atopan aos meus amigos?
    Canseime de escoitar que tiña que falar, que a clave era a comunicación pero esperei ata ao último momento, pero decídeme, que pasa cos nenos que non falan nin no último momento?
    Cren que cando estamos sós podemos vencernos, que na soidade somos vulnerables e poden facernos o que queiran sen que ninguén diga nada, e saben que cando unha persoa se pon no medio o acoso remátase. Xuntos somos máis fortes, coñece xente do teu redor, busca persoas diferentes, no noso grupo conseguímolo.

Comentarios cerrados.