Galicia
Galicia

Entrega de premios do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus en Vigo

O pasado día 11 de abril tivo lugar en Vigo a entrega de premios do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus (pequeños poemas típicos da literatura xaponesa) de Amnistía Internacional. Como cada ano, o acto estivo acompañado dunha invitada de honra: a filósofa e ensaísta Carme Adán. Este ano a temática foi o 75 aniversario […]

O pasado día 11 de abril tivo lugar en Vigo a entrega de premios do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus (pequeños poemas típicos da literatura xaponesa) de Amnistía Internacional. Como cada ano, o acto estivo acompañado dunha invitada de honra: a filósofa e ensaísta Carme Adán. Este ano a temática foi o 75 aniversario da aprobación da Declaración dos Dereitos Humanos en 1948. Pedíase así aos mozos e mozas que presentaran un relato breve sobre o dereito humano que consideraban máis importante nos nosos días. Entre os menos e nenas da Barbanza, Pontevedra e Vigo que participaron ao concurso a temática máis abordada foi sen dúbida a vulneración de dereitos en Palestina. Na ceremonia tivo lugar tamén un minuto de silencio por Palestina e Gaza, acompañado dun coro de rapazas que amenizaron a ceremonia.

O acto estructurouse do seguinte xeito: primeiro tivo lugar unha presentación dos relatos, seguido da entrega de premios de cada categoría, mesmo se a persoa gañadora na categoría de popularidade nas redes (baseado nos likes do traballo en Facebook) xa se coñecía. O xurado deu o seu veredicto sobre as tres persoas finalistas, facéndose públicos así os resultados.

No concurso participaron 8 centros, cun total asombroso de 120 relatos candidatos, mentres que a media dos pasados anos era de máis ou menos 30 relatos por edición. A participación dos menos e nenas fíxose a través da rede de escolas de Amnistía Internacional, un grupo coordinado de centros adscritos aos que se lles envían diferentes accións e se lles anima a participar nelas, así como diferentes materiais nas redes.