Galicia
Galicia
Entrega gañadoras concurso relatos acoso de Coruña

Gañadoras do III Concurso de Microrrelatos Xuvenil sobre acoso escolar

O III Concurso de Microrrelatos Xuvenil sobre o acaso escolar convocado polo Grupo Local de Amnistía Internacional Coruña xa ten gañadoras. Trátase de dúas mozas do IES Monte das Moas.

María Tarrío, de 15 anos, e Andrea Iglesias, de 17 anos, estudantes do IES Monte das Moas da Coruña, son as dúas gañadoras do III Concurso de Microrrelatos Xuvenil dirixido á mocidade de entre 14 e 21 anos da Coruña e o seu contorno.

Os relatos gañadores foron “Mirádeme” (Tarrío) e “No estás sola” (Iglesias). Trátase duns textos nos que as dúas rapazas abordaron o acoso escolar relacionado co lema «No noso grupo conseguímolo», unha temática relacionada coa investigación sobre acoso que está a realizar Amnistía Internacional e que se publicará en breve.

Entrega premio a gañadoras concurso acoso escolar Coruña

Representantes do equipo Rede Escola de Amnistía Internacional da Coruña foron as encargadas de entregar un agasallo e un cheque regalo valorado en 100€ para gastar nunha libraría da Coruña a cada unha das gañadoras. O acto celebrouse no propio instituto Monte das Moas.