A mobilización da xuventude, resposta aos discursos demonizadores ante as próximas citas electorais
Amnistía Internacional celebra a súa 45 Asemblea en Ourense nunha época electoral marcada polos discursos demonizadores en España e en Europa
#HazTuCampaña é unha iniciativa que pon o foco sobre a violencia contra as mulleres, migracións e refuxio e os dereitos á vivenda e a saúde, que sacou á rúa a mozos e mozas de 20 localidades españolas
Madrid/Ourense.- Casi 300 socios e socias de Amnistía Internacional acuden a Ourense para celebrar a súa 45 Asemblea Xeral Federal (AGF) os días 27 e 28 de abril. Nela debaterase sobre a situación dos dereitos humanos en España e no mundo, decidiranse os próximos obxectivos da organización, revisarase o traballo realizado durante o último e renovaranse cargos de diferentes órganos de goberno.
Nun contexto no que proliferan os discursos de odio e as mensaxes demonizadores que intentan enfrentar ás persoas, Amnistía Internacional renova a súa aposta pola mobilización da poboación máis nova a favor dos dereitos humanos para falar en clave positiva do futuro que queren.
A mobilización da mocidades polos dereitos humanos
A organización ten en marcha a iniciativa #HazTuCampaña de cara ás próximas citas electorais tanto en España como ao Parlamento Europeo para impulsar o debate, escoita e dar voz á mocidade sobre tres temas relevantes: os dereitos das mulleres, os dereitos das persoas migrantes e refuxiadas e as consecuencias que as políticas de austeridade teñen sobre o dereito á vivenda ou á sáude, tanto en España como en Europa.
Esta campaña, que se enmarca nunha mobilización europea, intenta facer fronte ás políticas de demonización que sinalan a “chivos expiatorios” (mulleres, persoas refuxiadas e migrantes, e o coletivo LGBTI, entre outros) e de retroceso en dereitos humanos que se están intentando abrir camiño en varios países da Unión Europea, para colocar o centro do debate valores como a solidaridade, a empatía e a dignidade, e abrir camiño a un futuro onde os dereitos de tódalas persoas sexan respetados e protexidos.
En España, máis de 1.000 mulleres foron asasinadas polas súas parellas e exparellas desde 2003 e a violencia sexual afecta a máis de 3 millóns de mulleres. As que se atreven a denunciar enfróntanse a todo tipo de dificultades na policía, hospitais ou xulgados.
En Europa, de 31 países que analizamos, só 8 teñene leis baseadas no consentimento: Suecia, Reino Unido, Irlanda, Luxemburgo, Alemaña, Chipre, Islandia e Bélxica. No resto, para que o delito sexa considerado violación a lei esixe, por exemplo, que o agresor usara a forza ou a ameaza.
Por outra banda, a día de hoxe hai 25 millóns de persoas refuxiadas no mundo, o maior número xamais rexistrado. A mairía atópanse en países con moitos menos recursos que os europeos.
Además, trala crisis financeira de 2008 varios países de Europa, incluida España, optaron por reducir o gasto público en vivenda, saúde, educación, pensións e outros servizos sociais. Millóns de persoas pagaron un prezo moi alto por iso, e seguen pagando. En España sufrimos unha crise na vivenda moi grave, ante a pasividade de sucesivos Gobernos. Mentres centos de miles de persoas perdían as súa casas, as axudas á vivenda recortábanse nun 70% desde 2009 a 2018. E mentres se recortaban estas axudas, o prezo da vivenda en aluguer sufría a maior suba nunha década. Como os salarios non medraron nesa proporción, ter un fogar onde vivir converteuse nun luxo para moitas persoas.
En sanidade, a consecuencia dos recortes, temos un sistema máis caro para a xente e de peor calidade, situación que está causando un enorme sufrimento a moitas persoas. Listas de espera que se duplican, persoal sanitario sobrecargado, con cadros de ansiedade, aumento del copago farmacéutico que obrigou a persoas enfermas a racionar as súas menciñas… E o efecto devastador dos recortes continúa.
Para combatilo, centos de persoas de todo o país están compartindo en redes sociais desde o pasado 11 de abril as súas historias de activismo e as súas propostas de solución a estes e outros problemas que lles preocupan. Son xa 300 chíos cos hashtags #HazTuCampaña e #TurnItUp cunha interacción de máis de 1.000 persoas. Ademais, organizáronse “quedadas” de mozas e mozos polo menos en 20 lugares da nosa xeografía con mesmo obxectivo.