Scott Warren: 20 anos de cárcere por dar axuda humanitaria
Scott Warren enfréntase a unha condea de 20 anos de cárcere. O seu delito? Deixar auga no deserto de Arizona para evitar que as persoas migrantes morran de sede durante o traxecto.
Scott Warren, de 36 anos, é activista e colaborador da ONG «No More Deaths», que traballa en prol do respecto e cumprimentos dos Dereitos Humanos cara as persoas migrantes que se ven obrigadas a abandonar os seus países en buscar dun futuro mellor. Esta ONG axuda ás persoas a sobrevivir durante o periplo migratorio nas zonas fronterizas entre EEUU e México, dotándolles de auga, comida e produtos básicos que lles permitan continuar con vida ata chegar ao seu destino.
Como consecuencia desta gran labor humanitaria que consiste, basicamente, en protexer a vida das persoas en situacións precarias e de vulnerabilidade, Scott Warren enfréntase a unha condea de 20 anos de cárcere. O seu delito? Deixar auga no deserto de Arizona para evitar que as persoas migrantes morran de sede durante o traxecto.
Dende Amnistía Internacional consideramos que este tipo de actos honestos, solidarios e profundamente humanos, non debe ser motivo de cárcere nin penalización, senón que deben servir como exemplo para poder crear sociedades e sistemas máis xustos e solidarios. Opinas o mesmo? Pois fagamos que a fiscalía de Arizona sexa consciente da nosa indignación e total repulsa cara esta decisión e que se retiren os cargos! Asina aquí