#NONCONSINTO #NOCONSIENTO
En España o trauma dunha violación non remata tra-la agresión. A partires dese momento comeza un camiño marcado polas violencias institucionais, os prexuizos e estereotipos sociais e demais violencias patriarcais
O trauma da violación sexual non remata coa execución do acto, senón que continua cando os prexuízos, os estereotipos e a violencia institucional cébase coas mulleres vítimas de tales actos. Trátase dun tortuoso camiño onde a dignidade e a credibilidade da muller desaparecen, ata conseguir convertila ela en culpable. Vas consentir?
Ó longo da historia a violencia contra as mulleres ten sido unha constante nas formas de relación entre ambos sexos. A normalización das violencias supón o berce sobre o que se fundamentan os sistemas que habitamos e nos que, a pesares dos avances ao respecto da situación socioeconómica e política da muller, continuamos a presenciar sistemáticamente como se nos viola, abusa, acosa sexualmente, maltrata prisolóxica e físicamente, asasina… etc., con total impunidade, coma se a discriminación e as violencias formaran xa parte dunha paisaxe difícilmente cambiable.
A pesares de que estas circunstancias deberían formar parte dun pasado xa superado, a realidade é que aínda hoxe as mulleres seguen sendo discriminadas e asasinadas polo mero feito de selo, de igual xeito que todo aquilo considerado socialmente «feminino» é menospreciado e minusvalorados en prol duns valores masculinos tremedamente destrutivos.
Ante esta realidade, dende Amnistía Internacional decidimos dar un paso adiante e sacar a campaña NON CONSINTO, para que se saiba que:
- Non consinto que miles de mulleres e nenas sufran violencia sexual, e moito menos, que, ademais, teñan que enfrontarse a un camiño cheo de obstáculos, de pedras.
- Non consinto que se a miña filla sofre o horror de ser violada, encima sexa interrogada durante horas na policía e teña que escoitar frases como: “Que roupa levabas?”.
- Non consinto que aquelas mulleres que sofren calquer tipo de agresión sexual sexan xulgadas e afastadas soacialmente.
- Non consinto ter que aguantar que xuíces e fiscais traten ás agredidas como agresoras.
- Non consinto que haxa mulleres que teman denunciar ao seu agresor polo terror para sentirse sinaladas de antemán.
- Non consinto que non se crea ás mulleres violadas, que a súa palabra sexa cuestionada, que sexan elas as xulgadas e non os violadores.
- Non consinto nin unha soa agresión máis, nin unha soa humillación máis, nin unha soa pedra máis no camiño das mulleres que sofren violencia sexual.
- Non consinto que se crea que a violencia sexual é só unha cousa de mulleres porque nos afecta a todos e a todas: seres queridos, familias, parellas, fillos, fillas, amigos…
Queremos sociedades e institucións que teñan claro que ante a violencia sexual hai DEREITOS: O dereito para acudir á policía e a ser informada e atendida sen prexuízos. O dereito para ir a calquera hospital e recibir a atención adecuada. O dereito a unha xustiza libre de estereotipos e revictimizaciones. Somos miles as mulleres e homes que esiximos que se respecten estes dereitos, non só cando aparecen mandas, senón todos os días. Queda moito por facer e por iso imos seguir loitando.
Únete! Dio ben alto! #NON CONSINTO