Proxección da película “El Naufragio 30 años de Memoria sumergida”
10/12/2019 @ 7:00 pm –
O Grupo Local de Amnistía Internacional A Coruña conmemorará o Día Internacional dos Dereitos Humanos proxectando a película “El Naufragio 30 años de Memoria sumergida” o 10 de decembro no local da ONCE na Coruña.
Fecha/Hora
Date(s) - 10/12/2019
7:00 pm
Ubicación
Local da ONCE
Categorías No Categorías
Fecha/Hora
Date(s) - 10/12/2019
7:00 pm
Ubicación
Local da ONCE
O Grupo Local de Amnistía Internacional A Coruña conmemorará o Día Internacional dos Dereitos Humanos proxectando a película “El Naufragio 30 años de Memoria sumergida” de Nicolas Castellano, quen fará unha presentación en vídeo desde Madrid. O acto estará presentado por Consuelo Bautista, xefa de Informativos de Radio Coruña Cadea SER desde 1993.
A película retrata a dura realidade do fluxo migratorio desde África a Europa a través do Atlántico e o regueiro de morte e dor que deixou ao seu paso, tomando como punto de partida o primeiro documento gráfico que se coñece do cadáver dun migrante nunha praia gaditana, tomada na praia dos Lances en Tarifa, fai trinta anos e realizada por Ildefonso Sena, un dos testemuños que participan da cinta.
A proxección, que terá lugar no local da ONCE (Cantón Grande, 3), na Coruña o martes, 10 de decembro, as 19.00 horas, trátase dun acto conxunto con Acampa, Foro Cívico e outras organizacións.
Ademais, o día antes (9 de decembro) o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo acollerá unha acción educativa da Rede de Escolas, titulada “Regala ás túas palabras”.
Categorías No Categorías
Gracias por tu aporte. Saludos.