Galicia
Galicia
  • O paulatino desconfinamento do que empeza a desfrutar a sociedade galega non se traducirá nun inmediato retorno á situación previa á crise da Covid-19. Pola contra, parece que implicará un proceso de recuperación longo no que se verán especialmente afectados as capas de poboación máis vulnerables, como as persoas migrantes. En Galicia, estas comunidades aínda enfrontan graves problemas derivados da perda de emprego e das dificultades para beneficiarse de certas axudas sociais como a RISGA, segundo denuncia a Federación Galega de Inmigración.