Precisamos a túa sinatura para pedir a liberación de Nasrin Sotoudeh
A activista iraní Nasrin Sotoudeh está de cumpreanos o próximo 30 de maio. Esta defensora dos dereitos humanos foi condenada a 38 años de prisión e 148 latigazos por oporse ao velo obrigatorio nas mulleres. En Galicia están organizados varios actos en apoio de Nasrin.
Loitar polos dereitos humanos, en xeral, e os das mulleres, en particular. Isto foi o que fixo a avogada iraní Nasrin Sotoudeh. En Irán ás mulleres e nenas non se lles permite sair das súas casas a non ser que se cubran a cabeza cun pano, así coma os brazos e pernas con roupa froxa. Nasrin fixo todo o posible por cambiar isto, o que provocou a súa detención. As autoridades iraníes consideran que iso atenta contra a seguridade nacional e é un insulto ao «líder supremo». Foi condenada á pena máis cruel: 38 anos de prisión e 148 latigazos. Coma non apelou a última sentencia, a condena é firme e terá que cumprir un mínimo de 17 anos, en aplicación de lexislación iraní.
Desde Amnistía Internacional estase levando a cabo varias accións para pedir a liberación de Nasrin Sotoudeh. Como podes colaborar? Asinando aquí para esixir ao líder supremo de Irán a liberación inmediata da activista e a anulación da sentenza.
Accións en Pontevedra e Santiago
Desde Galicia están previstos varios actos en solidaridades con Nasrin Sotoudeh. O Grupo de Acción Pontevedra estará na praza da Constitución (Campolongo) o próximo venres, 31 de maio (de 19:00 a 21:00 horas) recollendo sinaturas en apoio da activista. Pola súa bada, o Grupo Local de Amnistía Internacional Santiago de Compostela recollerá tamén firmas o luns, 3 de xuño (de 17:00 a 20:00 horas) na Biblioteca Concepción Arenal (rúa dos Feáns, Campus Vida).
Outra forma de visabilizar o apoio á activista é facéndose fotos e compartíndoas nas redes sociais con panos ondeando atados a paus emulando ao que fixeron algunhas activistas iraníes (na imaxe principal, membros de Amnistía Internacional Galicia). #FreeNasrin