Galicia
Galicia

Dende hai décadas a represión violenta e esaxerada por parte das forzas do Estado Iraniano vese impune, facilitando a continuación das deficiencias do goberno, como a mala xestión da auga e cortes de electricidade, estas situacións deterioran o dereito da poboación a un nivel de vida adecuado e a unha vida digna.

O 28 de decembro xurdiu un estalido de reivindicacións ó longo da provincia de Teherán
orixinadas como protesta pola crise económica que asoballa ó país tras un brusco
afundimento da moeda iraniana, que tivo lugar nun contexto de inflación desbocada, mala
xestión estatal de servizos esenciais e deterioración das condicións de vida. As protestas
empezaron cunha folga e o peche de comercios por parte de comerciantes do Gran Bazar
de Teherán. A inflación, que algún expertos estiman superaba o 50% e a caída da moeda
foron o campo de cultivo perfecto que fomentou o proliferamento destas protestas nas 31
provincias iranianas.

Dende hai décadas a represión violenta e esaxerada por parte das forzas do Estado
Iraniano vese impune, facilitando a continuación das deficiencias do goberno, como a mala
xestión da auga e cortes de electricidade, estas situacións deterioran o dereito da
poboación a un nivel de vida adecuado e a unha vida digna. Na última década a frecuencia
das protestas en Irán aumentou de maneira significativa, o que reflicte o crecente
descontento social. Nesta ocasión, os factores económicos, que están sempre presentes no
trasfondo das mobilizacións sociais, foron o catalizador. Segundo estatísticas oficiais, nos
últimos oito anos o poder adquisitivo caeu máis do 90% e o incremento do prezo da
gasolina nun 67% en adición ao proxecto de presupostos, que otorgarían o equivalente a
2.150 millóns de euros ás forzas de seguridade que levan décadas represaliando ós
cidadáns, foron o estoupido das revoltas. Máis e máis persoas foron sumándose ás
reivindicacións, e as protestas convertéronse en manifestacións masivas nas rúas de todo o
país, pedindo o fin do sistema de República Islámica.

As protestas piden un cambio fundamental e a transición a un novo sistema de goberno
que respecte os dereitos humanos e a dignidade das persoas.

As forzas de seguridade responderon con forza letal para dispersar as protestas, facendo un
uso ilexítimo da forza, as armas de fogo e outras armas prohibidas, e levando a cabo
detencións en masa xeneralizadas, mesmo de menores de tan só 14 anos, sometendo ás
persoas a réximes de incomunicación, poñendo ás persoas en risco de sufrir tortura e
outros malos tratos. Ademáis, están a levar a cabo desapariciones forzadas, cometendo así
crimes de lesa humanidade segundo o artigo 7 do Estatuto de Roma. E por esta, entre
outras razóns, que dende Amnistía Internacional ínstase ós Estados membros do Consello de Seguridade das Nacións Unidas a remitir a situación de Irán á fiscalía da Corte Penal
Internacional, poñendo fin á impunidade coa que, ata agora, está actuando o goberno
iraniano. En adición, o uso da pena capital está a ser utilizado como ferramenta para
infundir terror. Xa antes do estalido das protestas, entre xaneiro e outubro de 2025, máis
de 1300 persoas foron executadas en Irán.

Dende o 8 de xaneiro, as autoridades cortaron o acceso a Internet para ocultar os seus
crimes, impedindo que a poboación de Irán faga chegar información ao mundo exterior. O
apagamento xeral de internet serve para ocultar violacións de dereitos humanos, aínda que
os apagamentos sexan en si mesmos violacións dos dereitos humanos. Dende o momento
no que o apagamento se fixo efectivo, as forzas de seguridade masacraron ós
manifestantes, xa que a carencia de acceso dificulta ás vítimas, xornalistas e organizacións
levar a cabo entrevistas, documentar violacións de dereitos humanos ou preservar probas.
Amnistía Internacional está a investigar as violacións de dereitos humanos cometidas
polas autoridades iranianas, verificando e analizando vídeos e imaxes recompilados de
fontes de acceso público ou enviados directamente á organización por persoas en Irán. As
pesquisas continúan mediante as entrevistas a testemuñas presenciais e a persoas con
información directa sobre as protestas.

Conforme avanzan os días, novos indicios son estudados grazas á aparición de vídeos e
relatos verificados. O 10 de xaneiro, emerxeron imaxes que amosaban unha morgue ad hoc
debido ó desbordamento da morgue oficial. Nos vídeos pódese observar a familias
angustiadas intentando identificar ós seus seres queridos. O 17 de xaneiro, o líder do
Estado, informou nun discurso do falecemento de milleiros de persoas, aínda que xornais ó
longo do globo subliñan as discrepancias nos números de falecidos reportados dende
organizacións alleas ó goberno. Segundo o Consello Supremo de Seguridade Nacional de
Irán 3.117 persoas perderon a vida durante o levantamento, mentres que a relatora especial
da ONU sobre Irán, Mai Sato, informou nunha entrevista de que o número de falecidos
ascendía polo menos a 5.000 persoas, onde resaltou tamén que, dacordo á información
recibida de fontes médicas o número de vítimas mortais podería chegar a 20000.
É por isto que, dende Amnistía Internacional, se fai un chamamento ós Estados,
reclamando o emprendimento de acción diplomática urxente, a fin de protexer ós manifestantes de novas masacres, poñendo fin á impunidade da que segue a gozar a
autoridade iraniana.

As forzas de seguridade situadas nas rúas e nos tellados, mesmo de edificios residenciais,
mesquitas e comisarías de policía, disparan repetidamente rifles e armas cargadas con
perdigóns de metal contra manifestantes desarmados, a miúdo dirixindo os disparos á
cabeza e o torso. Os centros médicos están desbordados coas persoas feridas, mentres as
familias, angustiadas, buscan ós seus seres queridos entre bolsas para cadáveres das
morgues saturadas, presenciando o amontoamento de corpos en camionetas, contedores
de carga ou almacéns. Sinalando unha escalada coordinada a nivel nacional no uso de forza letal por parte das forzas de seguridade, dirixida principalmente contra manifestantes
pacíficos e transeúntes desde o atardecer do 8 de xaneiro.

Amnistía Internacional reitera o seu chamamento ao Consello Supremo de Seguridade
Nacional, máximo organismo de seguridade de Irán, para que ordene, con carácter
inmediato, o fin do uso ilexítimo da forza e de armas de fogo e que restaure
inmediatamente o pleno acceso a Internet. Lembrando tamén que a comunidade
internacional deberían ter aplicado a xustiza internacional, abordando a impunidade
sistémica que durante décadas permitiu ás autoridades iranianas cometer crimes de
dereito internacional, a fin de erradicar a disidencia e negar os crimes de lesa humanidade
publicados pola Misión de Investigación da ONU sobre Irán. O que leva anos sucedendo en
Irán require respostas internacionais, incluída unha investigación da CPI e o
establecemento de mecanismos de xustiza internacional, así como respostas coordinadas a
nivel nacional entre os Estados que emprendan investigacións penais e axuizamentos
dacordo co principio de xurisdición universal.

Dacordo coa Cobertura das reunións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas,
Masih Alinejad, xornalista e disidente política, afirmou que necesitan «accións reais e
concretas» contra un réxime que non entende a linguaxe diplomática. Describiu un
bloqueo total das comunicacións: «sen internet, sen teléfonos móbiles nin fixos». Esta
«escuridade total» ten como obxectivo destruír a evidencia dos crimes cometidos contra o
pobo iraniano.

Nunha entrevista otorgada a EuropaPress, Al Kheetan, portavoz do Alto Comisionado das
Nacións Unidas para os Dereitos Humanos remarcou a falta de “cifras precisas” sobre falecidos, criticando a intención das autoridades de deslexitimar ós manifestantes ao
etiquetalos de inimigos do Estado ou terroristas.

En consecuencia, Amnistía Internacional insta á comunidade internacional a recoñecer a
impunidade sistémica e continuada por crimes cometidos polas autoridades iranianas, e a
buscar vías internacionais para facer que rendan contas, entre elas iniciar investigacións
penais baixo o principio de xurisdición universal con vistas a emitir ordes de detención
contra aqueles de os que se sospeite que son responsables e urxir ó Consello de Seguridade
a remitir o caso á fiscalía da Corte Penal Internacional.

REFERENCIAS:
Amnistía Internacional. (s. f.). Los derechos humanos en Irán.
Amnistía Internacional. (15 de enero, 2026). Irán: La masacre de manifestantes exige una acción
diplomática global para marcar el final de la impunidad.

Amnistía Internacional. (26 de enero, 2026). ¿Qué sucedió en las protestas de Irán?
Europa Press. (28 de enero, 2026). La ONU pide a Irán poner fin a «la brutal represión» y aplicar
medidas en respuesta a las demandas «legítimas»
. europapress.es.
Falahi, A., & Espinosa, Á. (14 de enero, 2026). Pagar el aceite a plazos o dormir en las azoteas: el
colapso económico, la chispa que ha incendiado Irán
. El País.
Wintour, P. (29 de enero, 2026). Iran tries to confront ‘catastrophe’ of violent clampdown on
protests
. The Guardian.
‘You Cannot Kill All the People,’ Iranian Dissident Says, Describing Tehran’s Crackdown to
Security Council
| UN Meetings Coverage and Press Releases. (2026, 15 enero). UN
Meetings Coverage And Press Releases. Recuperado 28 de enero de 2026