O ABORTO NON É UN DELITO, É UN DEREITO
O día 6 de abril do 2016, sufriu un aborto durante un parto fóra do hospital debido a un problema obstétrico. Unha vez no hospital os médicos entregárona ás autoridades, tal e como están obrigados a facer por lei, xa que o aborto é ilegal baixo calquera circunstancia en El Salvador.

Así, en xullo de 2017, Evelyn foi acusada de homicidio agravado e sentenciada a 30 anos de prisión. En 2018, sen embargo, un tribunal superior anulou dita sentencia e ordenou a repetición do xuízo, que terá lugar o 15 de xullo deste mesmo ano.
Todas as persoas temos dereito a exercer o libre control sobre a nosa sexualidade e reprodución sen sufrir ningún tipo de discriminación, violencia ou coacción por elo. A liberdade de decidir sobre se quero interromper o meu embarazo ou non, se quero ter fillos ou non, cantos quero ter ou con quen, é un dereito das mulleres que ninguén debe poñer en dúbida. Por iso dende Amnistía Internacional continuaremos loitando para que casos como o de Evelyn non queden no olvido e a liberdade das mulleres para decidir sobre elas mesmas sexa unha realidade en todo o mundo. Axúdasnos a logralo?