Galicia
Galicia

Colombia: vixilancia continúa a unha defensora dos dereitos dos afrocolombianos

Danelly Estupiñán é unha activista da organización Proceso Comunitario Negro que defende os dereitos dos afrodescendentes de Buenaventura, Val do Cauca (Colombia). Desde fai meses ela e a súa familia son vixiados nos actos da súa vida cotiá. Colabora para que a Fiscalía investigue estes feitos!

Dende fai sete meses individuos non identificados vixían a Danelly Estupiñán. Ese acoso incrementouse nas últimas semanas pasando de ser unha vez ao día na súa casa a dúas e en tódolos lugares aos que acode. Ademais, os descoñecidos non vixían só a Daneylly senón tamén aos seus familiares realizando fotografías e vídeos do que estean a facer. Estupiñán é unha defensora dos dereitos da poboación afrodescedente de Buenaventura, no Val do Cauca. Pertence á organización Proceso Comunitario Negro.

Danelly organiza obradoiros sobre dereitos humanos e protección colectiva en diferentes comunidades de Buenaventura e leva a cabo accións para protexer ás comunidades afrocolombianas afectadas polo desenvolvemento de grandes infraestructuras no seu territorio.

Ante esta situación desde Amnistía Internacional activou unha campaña para pedir á Fiscalía Xeral da Nación que abra unha investigación inmediata sobre esta vixilancia continua de Danelly coa fin de garantir a súa seguridade. Que podes facer ti? Enviar unha carta ao fiscal xeral colombiano. Podes facer unha propia ou usar esta