Galicia
Galicia
0

DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE CAMBIO CLIMÁTICO

A escasez de medidas por parte dos gobernos para abordar o problema do cambio climático podería ser a maior violación de dereitos humanos interxeracional da historia

Millóns de persoas sofren xa os efectos catastróficos do cambio climático: dende as prologandas sequías na África subsahariana ata as devastadoras tormentas tropicais que arrasan todo o sudeste asiático, o Caribe e o Pacífico.

Se ben de forma xeral entendemos o cambio climático en termos do impacto que terá nos nosos medios naturais, os seus efectos devastadores para a humanidade, no presente e no futuro, son os que convirten esta problemática nunha cuestión de dereitos humanos urxente. Ademais das nefastas consecuencias materiais ás que xa acudimos, este problema agrava e magnifica as desigualdades sociais e económicas existentes, levando á ruina ás xeracións actuales e futuras. Estes son, fundamentalmente, os motivos polos cales a falta de medidas por parte dos gobernos á hora de abordar o cambio climático é a maior violación de dereitos humanos interxeracional da historia.

Para poder combatir de forma eficaz esta cuestión, debemos afondar, primeiro, en que é o cambio climático que causa o cambio climático.

O cambio climático é o conxunto de grandes e rápidas perturbacións provocadas no clima como consecuencia do aumento da temperatura do planeta. Como mecionabamos anteriormente, é o problema ambiental máis importante ao que se enfrenta a humanidade.

Se ben é certo que o clima da terra experimentou cambios constantes ao longo do tempo xeolóxico, o aumento das temperaturas globais ao que asistimos no nosos días estase producindo máis rápido que calquera fenómeno pasado. Quedou claro que a maior parte do quecemento rexistrado durante o século pasado causámola os seres humanos ao emitir gases que reteñen a calor —comunmente denominados gases de efecto invernadoiro— para cubrir as necesidades enerxéticas da vida moderna. Facémolo mediante a queima de combustibles fósiles, a agricultura, o uso da terra e outras actividades que provocan o cambio climático.Os gases de efecto invernadoiro atópanse no seu nivel máis alto dos últimos 800.000 anos.

Un dos maiores factores determinantes do quecemento global é a queima de combustibles fósiles —carbón, gas e petróleo—, que aumenta a concentración dos gases de efecto invernadoiro —como o dióxido de carbono— na nosa atmosfera.  Pero esta conclusión non é nova. A comunidade científica leva décadas recompilando e analizando datos sobre esta cuestión. As advertencias sobre o quecemento global saltaron á prensa a finais da década de 1980. En 1992, 165 nacións asinaron un tratado internacional, a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático ( CMNUCC). Desde entón celebran reunións anuais (chamadas “Conferencias das Partes” ou COP) co propósito de establecer os obxectivos e os métodos para reducir o cambio climático e para adaptarse aos seus efectos xa visibles. Na actualidade, a Convención ten 197 Estados Partes.
Por outra banda, pese a que as consecuencias do cambio climático teñen afectación global, o certo é que estas serán máis pronunciadas en grupos concretos -por exemplo, as comunidades que dependen de medios de subsistencia agrícolas ou costeiros—, así como nos grupos sociais máis vulnerables, desfavorecidos e discriminados.
Estas son algunhas das formas en que o cambio climático está a agravar as desigualdades:
  • Entre as nacións desenvoltas e en desenvolvemento: No ámbito nacional, os Estados insulares pequenos e os países menos desenvoltos situados a escasa altitude xa se atopan entre os máis afectados. A poboación das Illas Marshall sofre periodicamente inundacións e tormentas devastadoras que destrúen as súas vivendas e os seus medios de vida. A onda de calor de 2018 no hemisferio norte acaparou titulares en toda Europea e América do Norte, pero algúns dos seus efectos producíronse en lugares como Paquistán, onde máis de 60 persoas —na súa maioría traballadores habitualmente expostos á calor intensa— morreron ao ascender a temperatura por encima de 44 ° C.
  • Entre distintas etnias e clases: En América do Norte, son maiormente as clases empobrecidas  as que, por causa das condicións socioeconómicas, son illadas a barrios e zonas situadas a carón de centrais eléctricas e refinerías, o cal ten fortes repercusións para a súa saúde. A incidencia das enfermidades respiratorias e os cancros é notablemente máis alta nelas, sendo a poboación afroamericana – que continúa a  ser a que máis sofre a violencia eocnómica, política e social-, ten o triplo de probabilidades de morrer de contaminación atmosférica que a poboación estadounidense branca.
  • Entre xéneros: A cantidade de mulleres e nenas arredor do noso planeta en situación de pobrza e vulnerabilidade social, convérteas nun dos principais grupos de risco. A escaseza de recursos e marxinación política, social e económica que en moitos casos sofren como consecuencia de ser mulleres,  fainas máis vulnerables ao impacto dos fenómenos meteorolóxicos, pois non teñen posibilidade de protexerse fronte a eles.
  • Entre xeracións: As xeracións futuras experimentarán un agravamento dos efectos a menos que os gobernos actúen agora. A súas condicións de vida futuras veranse totalmente alteradas por mor das cuestións anteriormente mencionadas: maior desigualdade económica e social, maior dificultade para o libre desenvolvemento da súa personalidade e o acceso á educación, aumento dos problemas saúde… etc.

Students from different institutions hold placards and banners as they participate in a climate protest in New Delhi, India, Friday, March 15, 2019. Students in more than 80 countries and territories worldwide plan to skip class Friday in protest over their governments’ failure to act against global warming. The coordinated ‘school strike’ was inspired by 16-year-old activist Greta Thunberg, who began holding solitary demonstrations outside the Swedish parliament last year. (AP Photo/Altaf Qadri)

Pero…  quen teñen a responsabilidade de deter o cambio climático?

  • Os Estados: Os Estados teñen a obriga de mitigar, no menor tempo posible, os efectos nocivos do cambio climático. Para isto, deberán adoptar medidas que fagas que reduzan ao máximo as emisións de gases de efecto invernadoiro, a partires de leis e accións qencamiñadas a este fin. De forma paralela, como unha cuestión de reponsabilidade política e social, deberán intervir nos grupos na sociedade máis vulnerables para que os danos provocados por esta problemática sexan os menos posibles, do mesmo xeito que deben practicar a solidaridade con aqueles países que, por mor das súas condicións xeográficas, políticas ou económicas, sexan sensibles a sufrir de xeito máis agudo este problema.
  • As empresas: Do mesmo xeito que os estados,  as empresas tamén teñen a responsabilidade de respectar os dereitos humanos. Para cumprir con ela deben avaliar os posibles efectos das súas actividades nos dereitos humanos e adoptar medidas para evitar as repercusións negativas. Deben publicar as súas conclusións e as súas medidas de prevención e , ademais, tomar medidas para remediar os abusos contra os dereitos humanos que causan ou aos que contribúen, xa sexa por si mesmas ou en colaboración con outros actores. As empresas, especialmente as do sector dos combustibles fósiles, tamén deben adoptar medidas para minimizar as emisións de gases de efecto invernadoiro de forma inmediata —o que inclúe un cambio de negocio ás enerxías renovables— e facer pública a información pertinente sobre as súas emisións e as súas medidas de mitigación.
Con base a todo ou exposto, dende Amnistía Internacional pedimos a gobernos e empresas que:
  • Fagan todo o posible por axudar a impedir que a temperatura global aumente máis de 1,5 ° C.
  • Reduzan as súas emisións de gases de efecto invernadoiro a cero de aquí a 2050, como moi tarde.
  • En 2030, as emisións globais redúzanse á metade con respecto aos niveis de 2010.
  • Deixen de utilizar combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas) tan pronto como sexa posible.
  • Estean seguros de que as medidas con respecto ao clima tómanse dun modo que non vulnere os dereitos humanos de ningunha persoa, e que reduza a desigualdade, en lugar de incrementala.
  • Se aseguren de que todas as persoas, especialmente as afectadas polo cambio climático ou a transición a unha economía sen combustibles fósiles, son adecuadamente informadas sobre o que sucede e poden participar na toma de decisións sobre o seu futuro.
  • Cooperen para distribuír de forma xusta a carga do cambio climático: os países máis ricos deben axudar aos máis pobres.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *