Galicia
Galicia
Campaña Pupitres Libres de Acoso Escolar

O Grupo de Pontevedra actúa para conseguir Pupitres Libres de Acoso Escolar

Na última semana de octubro, o Grupo de Acción de Pontevedra fixo dúas actividades dentro da campaña de Pupitres Libres de Acoso Escolar.

No primeiro lar, membros do Grupo estiveron no IES Laxeiro de Lalín. Alí tiveron a oportunidade de facer un taller cos alumnos e as alumnas de 3º da ESO sobre acoso escolar. Ademais as profesoras organizadoras da actividade pasáronnos os «obxetos obsoletos» cos que o Grupo de Acción quere mostrar que é necesario actualizar o sistema de denuncias de acoso actualmente existente.

Amnistía Internacional no IES Laxeiro no marco da campaña Pupitres Libres

Ademais, o Grupo estivo tamén na facultade de Ciencias da Educación do campus de Pontevedra, co grupo da asignatura Escola Inclusiva. Alí, encargáronse de presentar a campaña Pupitres libres de acoso e tiveron a posibilidade de falar con eles sobre as propostas de Amnistía Internacional para afrontar o problema.

Amnistía Internacional na facultad de Ciencias da Educación de Pontevedra

Nos dous casos o máis interesante foi contar coa participación e as ideas dos e das estudantes.

Aprende máis sobre a campaña Pupitres Libres de Acoso Escolar e asina a petición na ligazón: https://www.es.amnesty.org/acoso-escolar/