Marinel, moza activista polo clima en Filipinas
Marinel Sumook Ubaldo é unha moza activista polo clima en Filipinas e sobrevivente a un tifón que a apartou da súa familia.
Marinel Sumook Ubaldo tiña 16 anos cando sobreviviu ao tifón Yolanda, un dos máis mortíferos da historia. Soamente en Filipinas morreron 6.000 persoas, e millóns perderon a súa casa.
Marinel tivo claro que tiña que atopar unha maneira de loitar contra o cambio climático e os seus devastadores efectos en todo o mundo empezando polo seu país. Esta activista, que agora ten 22 anos, loita para que o goberno de Filipinas garanta ás persoas da súa comunidade condiciones de vida dignas porque seis anos despois da devastación do tifón Yolanda seguen vivindo en condicións insalubres e necesitan comida, auga, casa, electricidade e aseos.
Súmaste á causa de Marinel? Asina esta carta que enviaremos no teu nome ao Presidente de Filipinas:
Un comentario en “Marinel, moza activista polo clima en Filipinas”
Comentarios cerrados.