Galicia
Galicia
0

Galicia conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos

Os Grupos Locais e de Acción de Amnistía Internacional en Galicia están a preparar multitude de actividades co fin de conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos que, como cada ano, celébrase o 10 de decembro.

Os Grupos Locais e de Acción de Amnistía Internacional en Galicia están a preparar multitude de actividades co fin de conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos que, como cada ano, celébrase o 10 de decembro.

Así, e co obxectivo de conmemorar o 71 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Grupo de Acción de Pontevedra organizou unha lectura pública da mesma.

Neste acto-homenaxe trinta persoas (representantes de asociacións e cidadáns de distintos ámbitos) lerán cada un dos trinta artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, co obxectivo de facer chegar á cidadanía a importancia de respectar, preservar e coidar estes dereitos, que son indivisibles e inalienables.

Cando: 9 de decembro, ás 20:00 horas.

Onde: Casa das Campás (Pontevedra)

Máis info: https://blogs.es.amnesty.org/galicia/agenda/lectura-publica-da-declaracion-universal-dos-dereitos-humanos/

Lectura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Pola súa banda, o Grupo Local de Santiago de Compostela proxectará a película «Longa noite», do director Eloy Enciso. O filme busca contar como se vivía e como se organizaba a sociedade durante o franquismo.

Cando: 10 de decembro, as 18:00 horas.

Donde: Cine Numax (Santiago)

Máis info: https://blogs.es.amnesty.org/galicia/agenda/proxeccion-da-pelicula-longa-noite/

Película Longa noite

Tamén o Grupo Local de A Coruña, en colaboración con Acampa, Foro Cívico e outras organizacións, proxectará unha película. Neste caso, titulada «El Naufragio, 30 años de Memoria sumergida», de Nicolás Castellano.

A película retrata a dura realidade do fluxo migratorio desde África a Europa a través do Atlántico e o regueiro de morte e dor que deixou ao seu paso.

Cando: 10 de decembro, as 19:00 horas.

Donde: sede da ONCE (A Coruña)

Máis info: https://blogs.es.amnesty.org/galicia/agenda/proxeccion-da-pelicula-el-naufragio-30-anos-de-memoria-sumergida/

Proxección da película "El Naufragio, 30 años de memoria sumergida"

Ademais, o día antes (9 de decembro) o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo acollerá unha acción  educativa da Rede de Escolas, titulada “Regala ás túas palabras”.

Nesta misma línea de actuacións, o Grupo de Acción de Barbanza vai facer dous talleres no IES Espiñeira de Boiro sobre a activista iraniana Yasaman Aryani o día 11 de decembro.

Cando: 11 de decembro

Onde: IES Espiñeira (Boiro)

Grupo Local de Vigo recollerá sinaturas na Porta do Sol e pola rúa Príncipe de Vigo, o día 10 de decembro entre as 19:00 e as 20:30 horas, polos defensoras e defensoras dos Dereitos Humanos Sarah Mardini e Seán Binder, Yasaman Aryani e Marinel Sumook Ubaldo, dentro da campaña Valentes e como conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Cando: 10 de decembro, as 19:00 horas

Onde: Porta de Sol e rúa Príncipe (Vigo)

Máis info: https://blogs.es.amnesty.org/galicia/agenda/recogida-de-firmas-en-vigo/

Por último, o Grupo de Acción de Ourense,  sairá a rúa ea recoller sinaturas pola activista filipina Marinel Sumook Ubaldo.

Cando: 12 de decembro, de 18:30

Onde: Rúa do Paseo (Ourense)

Máis info: https://blogs.es.amnesty.org/galicia/agenda/o-grupo-de-ourense-saldra-a-rua-na-defensa-do-clima/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *