Galicia
Galicia
1

VI Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus da Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca o VI Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a visibilización da loita feminista. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas nun centro de Educación Secundaria da zona sur da provincia de Pontevedra.

Este ano pretendemos chamar a atención sobre a visibilidade que está cobrando a loita feminista nos últimos tempos. O lema do concurso é «Agora véxote» e búscase resaltar, en primeiro lugar, o feito de que esta é unha loita de séculos, só que agora recibe máis atención da sociedade e os medios; e en segundo lugar o seu valor paradigmático, xa que hoxe serve como modelo de todas as loitas polos dereitos humanos e fai ver claramente o sentido e a eficacia dese empeño

Por iso, os textos que se presenten -a extensión máxima dos microrrelatos é de 250 palabras e os haikus deberán respectar as normas de métrica e extensión- non deberán tanto reivindicar algún dereito concreto como valorar o feito de que agora se visibiliza unha loita que durante moito tempo se ocultou e perseguiu pero que cada vez máis vaise asumindo como propia, con naturalidade e orgullo, polo conxunto da sociedade

No VI Concurso de Microrrelatos poden participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas en centros de Educación Secundaria da zona sur da provincia de Pontevedra. Os textos teñen que ser inéditos e poden escribirse en galego ou castelán. Haberá tres categorías:

Autoras ou autores entre 12 e 13 anos (Haiku).

Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelato).

Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelato).

O prazo para entregar os traballos comeza o vindeiro 15 de xaneiro de 2020 e remata o 17 de febreiro de 2020. Debe remitirse a través deste formulario.

As bases do concurso poden consultarse aquí.

Un comentario en “VI Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus da Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo

  1. Agora non me escondo
    Teño 19 anos e chámome Elie, vivo en Barcelona e estamos nos anos 80. Agora
    pensaredes que estou tola por onde me atopo. Hoxe vou contar como cambiei o meu
    mundo.
    Venres 13: “é o da sorte”, dixen para min. Foi o día que decidín saír da miña casa farta de
    ser unha pomba entre barrotes, escrava do patriarcado e ama de todos os homes. Aquel día
    collín os cigarros da miña avoa e vestinme como me deu a gana. Saín do meu fogar e fun
    cara aos bares da zona sen intención ningunha de atopar outra muller coma min, porque
    todas teñen medo. Eu tamén o teño, pero xa estou farta.
    Estou entre homes e síntome carne fresca entre un rabaño de hienas carroñeiras, pero collo
    o meu cigarro, métoo entre os beizos, préndolle lume e comenzo a inhalar o fume de todos
    os medos e anos de rabia, para dicirlles que xa non vou agochar máis a cabeza, que son
    coma eles, con dereitos, que o estalido do patriarcado soaría coma un vaso de cristal ao
    caer contra o chan, roto e esnaquizado, inutilizable e inservible.
    Hoxe segue sendo venres 13 pero o mundo para min é outro, non penso agocharme máis e
    quero que todas vos ergades o puño conmigo como sinal de presenza e forza porque as
    mulleres somos poesía entre tanto verso roto.

Comentarios cerrados.