Galicia
Galicia
0

Os Grupos de Acción Local de Vigo e de Pontevedra participan na campaña Pupitres Libres de Acoso Escolar

Para contribuír a erradicar un problema que a miúdo parece invisible pero que afecta a miles de nenos/as e adolescentes, Amnistía Internacional impulsa a campaña Pupitres Libres de Acoso Escolar. Porque acudir á escola feliz e sen temor a sufrir acoso é un dereito de toda a infancia.

O acoso escolar ten solución, pero para loitar de maneira decidida contra esta problemática é preciso poñer en marcha medidas concretas e destinar os recursos humanos e económicos necesarios.

Que propoñemos desde Amnistía Internacional?

  • Un sistema de denuncias rápido e eficaz, deseñado a medida de nenos/as e adolescentes, para que se sintan escoitados/as, seguros/as e protexidos/as.
  • Formación do profesorado para saber como detectar e intervir cando se produzan casos de acoso nas súas aulas ou colexios.
  • Axuda entre iguais, para saber como detectar e intervir ante o acoso escolar.
  • Recoñecelo na casa, axudando a pais e nais a detectar cando os/as menores sofren acoso escolar e a saber como actuar.
  • Datos reais recollidos de maneira adecuada sobre a realidade do acoso escolar no Estado español.

Lembra que calquera de nós pode ser parte da solución; ti tamén podes esixir ao goberno que actúe para garantir ás e aos menores espazos libres de acoso escolar.

No marco da campaña Pupitres Libres de Acoso, algúns grupos galegos, como o de Pontevedra ou o de Vigo estiveron a recoller polas escolas obxetos obsoletos que mandaron ao Ministerio de Educación.

Con esta acción preténdese concienciar  aos gobernantes para que poñan en marcha medidas concretas contra o acoso escolar.

Pupitres Libres de Acoso

Pupitres Libres de Acoso

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *