COVID-19: vixilancia dixital vs dereito á privacidade
As iniciativas dos Estados para combater o COVID-19 non poden servir para encubrir o inicio dunha nova era marcada pola expansión dos sistemas de vixilancia dixital invasiva.
As excepcionalidades globais producto da pandemia do COVID-19, fan necesaria unha resposta conxunta e coordinada dos gobernos dos diferentes Estados. Esta debe estar enfocada unicamente nunha cuestión: salvar vidas, e, en ningún caso, pode server de pretexto para vulnerar os dereitos humanos.
Nun contexto de emerxencia como o actual, o Dereito Internacional deixa moi claras as condicións necesarias para poder aplicar medidas excepcionais que impliquen restriccións de dereitos. Estas deben ser:
- Necesarias
- Proporcionais
- Non discriminatorias
- Duración limitada
- Garantir que non serán empregadas abusivamente
- Garantir e defender os dereitos inderogables
A vixilancia dixital é un exemplo de medida excepcional. O seu uso está motivado pola necesidade dos Estados de controlar o virus e evitar a súa expansión o máximo posible, axudando a salvar milleiros de vidas.
Sen embargo, tal e como está acontecendo, esta tecnoloxía é tamén empregada para reforzar o poder dos Estados, ameazando a privacidade e a liberdade de asociación e movemento e supoñendo un risco para os sectores da poboación máis vulnerables.
Tal e como apunta Rasha Abdul Rahim (@Rasha_Abdul), o uso destas teconoloxías é necesaria para combater o COVID-19, mais non debe ser unha excusa para expandir o seu uso. Desgraciadamente, a historia recente móstranos como os gobernos son reticentes a abandonar estes poderes de vixiancia temporais, polo que é necesario estar alerta e defender o noso dereito á privacidade.
Entendendo a realidade á que nos enfrontamos, Amnistía Internacional, xunto con outras ONG’s, asinou un informe no cal ínstase aos gobernos a mostrar liderazgo na loita contra a pandemia, ao tempo que pedimos garantías de que o uso tecnoloxías dixitais de reastreo e monitorización das persoas respectan os dereitos humanos.
Se queres ver o informe completo, pincha aquí.