Galicia
Galicia
0

GRECIA: AS PERSOAS REFUXIADAS EN TEMPOS DE COVID-19

Milleiros de persoas atópanse en situacións de extrema vulnerabilidade fronte a pandemia do COVDI-19. A insalubridade e a escaseza de recursos dentro dos campamentos violan por completo os dereitos humanos e poñen en alto risco o benestar, a saúde e a dignidade das persoas.

A situación das persoas refuxiadas nos campos de refuxiados gregos ten que cambiar. O Goberno de Grecia e o resto de países da UE deben tomar medidas de protección urxentes para evitar contaxios entre as persoas refuxiadas nas illas gregas.

A precarizada realidade á que asisten milleiros de persoas refuxiadas dificulta moito a aplicación das medidas de prevención fixadas pola OMS, poñendo en grave risco ás persoas refuxiadas que habitan estes campamentos. O campo de refuxiados de Moria, en Lesbos, é exemplo destas condicións de escaseza e as dificultades da supervivencia. A falta de auga potable e recursos médicos e sanitarios, fai urxente as evacuacións e reubicacións das persoas refuxiadas.

Sen embargo, a resposta europea non está a altura das circunstancias, poñendo de releve as fondas brechas que existen en materia migración, así como a crise de valores que está a vivir o continente europeo. Principios coma a solidaridade e a xustiza, quedan á marxe fronte ós discursos de odio, xenofobia e violencia imperantes.

¿Como debería actuar o goberno grego e os países da UE para protexer ás persoas refuxiadas da pandemia?

Dacordo coa OMS e demáis organismos oficiais de saúde, algunhas das medidas que se deben adoptar de forma urxente son:

  • Garantir o acceso universal, gratuíto e sen obstáculos á atención para a saúde no sistema público de persoas solicitantes de asilo, refuxiadas e migrantes por igual, sen discriminación, incluídas as probas e o tratamento para a COVID-19.
  • Prover aos centros de recepción de suficientes produtos sanitarios e de hixiene, garantindo o sumisitro de auga corrente para poder seguir as instrucións da Organización Nacional Pública de Saúde e a OMS sobre a protección fronte á COVID-19.
  • Facilitar información, nunha gran diversidade de idiomas a toda a poboación residente nos centros de acollida sobre a) como previr a COVID-19 e b) que facer e como pedir axuda se teñen síntomas de COVID-19. Deberase facilitar ás persoas con diversidade funcioanl información en formatos accesibles, como lingua de signos, subtítulos, texto e mensaxes de fácil lectura.
  • Abordar con urxencia a situación e as necesidades especiais das persoas que viven nos asentamentos informais adxacentes aos campos.
  • Garantir a asistencia de persoal médico e de enfermería suficiente e os servizos de apoio de saúde mental.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

code