Onde estamos agora? Reflexión polo 8M
Se en Europa aínda nos quedan 60 anos para alcanzar a igualdade plena, deixar de loitar non é unha opción.
Neste atípico día internacional da muller traballadora, repasaremos os avances conseguidos en materia dos dereitos das mulleres. Onde estamos agora?
Se imos medirnos por rankings e índices, podemos comezar polo Índice de Igualdade de Xénero do 2020. Dentro da Unión Europea, que conta cunha puntuación de 66,2 puntos de media, a puntuación máis alta leváa Suecia con 83,8 puntos e con 52,2 puntos Grecia é o peor valorado. España, pola súa parte, colleita 72 puntos, situandóo de 8º dentro da UE. Subiu 5,6 puntos dende 2010 e 1,9 dende 2017.
Máis, que mide exactamente este índice?
Mide 7 ámbitos: Saúde, violencia, diñeiro, educación, tempo dedicado a tarefas do fogar e coidados, poder e traballo. Segundo este informe, a UE está a 60 anos de alcanzar a igualdade plena. A puntuación máis baixa recae no ámbito do poder, con 53.5 puntos de media que miden o porcentaxe de mulleres en política ou distintas poderosas organizacións. Con 88 puntos saúde é a mellor parada, que ten en conta cousas como a esperanza de vida, a visión persoal da saúde de cada unha ou acceso a recursos sanitarios.
Porén, malia que algunhas das conclusións deste informe sexan positivas, debemos fixarnos ben en qué podemos mellorar. A realidade é que certos datos dan medo: en España, o 50% das mulleres sufriron algún tipo de acoso sexual. E iso só os casos que son reportados, porque se imos a un país como Suecia, o primeiro da lista, vemos que a cifra é aínda máis aterradora: un 80% de mulleres afirmaron ter sufrido algún tipo de acoso sexual. A realidade é que os números de España probablemente se parezan máis aos de Suecia, pero non todos están reportados.
Este índice sirve para alegrarnos da evolución dos dereitos das mulleres nalgúns aspectos, pero é especialmente útil para lembrar todo o que nos queda por facer. Estivemos falando só da Unión Europea, pero o panorama mundial é aínda máis desolador. Se en Europa aínda nos quedan 60 anos para alcanzar a igualdade plena, deixar de loitar non é unha opción.