Galicia
Galicia

Grave tentativa de golpe de Estado en Brasil tras o nomeamento de Lula como presidente 

Miles de persoas radicais seguidoras seguidores do expresidente brasileiro, o ultradereitista Jair Bolsonaro, asaltaron este domingo as sedes do Congreso, da Presidencia e do Tribunal Supremo en Brasília, esixindo unha intervención militar para botar a Luiz Inácio Lula da Silva, que tomou posesión como presidente do país hai exactamente unha semana. Os manifestantes golpistas chegaron […]

Miles de persoas radicais seguidoras seguidores do expresidente brasileiro, o ultradereitista Jair Bolsonaro, asaltaron este domingo as sedes do Congreso, da Presidencia e do Tribunal Supremo en Brasília, esixindo unha intervención militar para botar a Luiz Inácio Lula da Silva, que tomou posesión como presidente do país hai exactamente unha semana. Os manifestantes golpistas chegaron ao corazón do poder na capital de Brasil desde o Cuartel Xeral do Exército, situado a nove quilómetros en liña recta, onde estaban acampados desde que Bolsonaro perdeu as eleccións hai dous meses. Os bolsonaristas, que están convencidos de que lles roubaron os comicios, superaron as barreiras policiais para poder acceder ás sedes do lexislativo, do poder xudicial e da Presidencia. Romperon tamén xanelas, envorcaron mobles, destruíron obras de arte e roubaron a Constitución orixinal do país, de 1988. Ademais levaron armas dunha oficina de seguridade presidencial, reportou Reuters.

A confrontación non deu espera e pronto a policía enfrontou a bolsonaristas non só en Brasília, senón en todo o país. Mentres tanto, en Brasília, as escenas de caos seguían coa Policía antimotíns e as forzas armadas do país chegando a controlar a situación. Nos arredores do Congreso, policías antidisturbios lanzaban gases lacrimóxenos contra as persoas manifestantes que se negaban a deixar as instalacións do Congreso.

Así, Brasil leva lidando estes últimos meses coa violencia dos seguidores de Bolsonaro, quen desde a derrota electoral en outubro de 2022, se reuniron nos cuarteis militares de todo o país pedindo ao exército que interveña, xa que afirman, sen probas, que as eleccións foron roubadas. Cabe lembrar que se tratou do resultado máis rifado da historia brasileira, dado que Lula venceu cun 50,9% dos votos fronte ao 49,1% de Bolsonaro (dous millóns de diferenza, 1,8 puntos).

Os disturbios do domingo deixaron ao descuberto de forma sorprendente o principal desafío que enfronta a democracia de Brasil. A diferenza doutros intentos por derrocar gobernos na historia de América Latina, os ataques do domingo non foron ordenados por un só gobernante autoritario ou un exército decidido a tomar o poder, senón que máis ben foron impulsados por unha ameaza máis insidiosa e arraigada: un engano masivo. Millóns de brasileiros parecen estar convencidos de que as eleccións presidenciais de outubro estiveron amañadas en detrimento de Bolsonaro, a pesar de que as auditorías e as análises realizadas por expertos non acharon nada dese tipo.

Ao mesmo tempo, as escenas do domingo —manifestantes de dereita envoltos na bandeira nacional deambulando polos corredores do poder— resultaban sorprendentemente semellantes ás do asalto ao Capitolio dos Estados Unidos o 6 de xaneiro de 2021, do mesmo xeito que as crenzas confusas que levaron aos manifestantes en ambos os países para invadir edificios federais e a filmarse mentres o facían.

O director para América Latina da ONG Open Society, Pedro Abramovay, considera que o asalto é un “intento de golpe de estado, un intento violento de derrocar o Goberno democraticamente elixido co apoio das forzas policiais”. Pola nosa parte, desde Amnistía Internacional, condenamos todo ataque violento ou intento de golpe de estado pola forza ante un resultado que, se ben é certo non agrada á extrema dereita brasileira, foi avalado e corroborado por todas as institucións e organismos internacionais. Este feito pón en clara dúbida a fortaleza e arraigo da democracia e alértanos contra unha deriva da dereita radical que está a empregar métodos cada vez máis violentos para fomentar accións políticas construídas sobre insostibles e perigosas mentiras. 

Fontes: