Galicia
Galicia

#Seacabó: unha reivindicación feminista sen fronteiras

O pasado 20 de agosto a nosa selección feminina de fútbol convertíase en campioa do mundo, na súa terceira ocasión competindo no campionato. Á incontrolable euforia de sabernos campioas, sucedeu con todo un embarazoso feito que ocupou páxinas e seccións en medios internacionais. Falamos, evidentemente, do bico non consentido do presidente da Federación Española de […]

O pasado 20 de agosto a nosa selección feminina de fútbol convertíase en campioa do mundo, na súa terceira ocasión competindo no campionato. Á incontrolable euforia de sabernos campioas, sucedeu con todo un embarazoso feito que ocupou páxinas e seccións en medios internacionais. Falamos, evidentemente, do bico non consentido do presidente da Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, a unha das xogadoras da Selección, Jenni Hermoso.

As imaxes comezaron a circular por todos os medios e as reaccións de rexeitamento e repulsa non tardaron en aparecer. Tratábase efectivamente da denuncia colectiva ante un abuso de poder, un bico non consentido dado por unha figura de superior rango a unha xogadora que acababa de gañar a Copa do Mundo. Mesmo obviando os vergoñentos comportamentos precedentes do presidente na tribuna presidencial en Sidney, ese bico “roubado”, non consentido, dado por unha autoridade con total desvergoña, revela unha vulneración flagrante dos dereitos da persoa, neste caso da vítima, Jenni Hermoso.

Pero estes acontecementos van moito máis alá do bico, cheo -por outra banda- de connotacións simbólicas e dunha violencia física importante. Trátase da posta en escena do que desgraciadamente representan hoxe en día as grandes esferas do deporte, que aínda non están á altura dos avances sociais en termos de igualdade entre homes e mulleres que se foron conseguindo ao longo dos anos. Non só faltan por suposto mulleres nestas esferas senón que estes personaxes do máis alto nivel do fútbol español representan e perpetúan todo aquilo contra o que o feminismo e as asociacións polos dereitos humanos loitan e combaten día a día. Lembremos tamén o rexeitamento que xeraba entre as xogadoras o seu ex-seleccionador Jorge Vilda.

Esa sensación de poder inmune, de total falta de responsabilidade ante feitos tan
como os que presenciamos nesta última Copa do Mundo. Tal sensación de e de insoportable arrogancia quedou igualmente reflectido no famoso: “Non vou dimitir” repetido ata a indecencia naquela conferencia de prensa.

Por último, é importante subliñar o impacto que estes feitos xa tiveron e terán aínda na sociedade española e, especialmente, nas mulleres vítimas de acoso ou agresións sexuais. En efecto, se -como ocorreu neste caso- un abuso que sucede ante os ollos de todo o mundo e de maneira evidente esperta tanto balbordo e mesmo apoio cara á persoa que comete o abuso, como podemos pretender que vítimas doutro tipo de abusos sexuais se atrevan a contalo e a esperar ser escoitadas e apoiadas pola sociedade á que pertencen?

Esta semana espertámonos dous días sucesivos con dúas noticias alentadoras: a primeira, a dimisión do señor Rubiales e, a segunda, a apertura dunha querela ante a Fiscalía de parte de Jenni Hermoso. Con todo, a reflexión máis importante pasa sen dúbida por comprobar que este abuso podería non ter consecuencias e que o statu quo machista e retrógrado que lexisla nos altos círculos podería perpetuarse e impermeabilizado se non fose pola reacción de repulsión colectiva por parte da sociedade civil española e internacional. Así, desde Amnistía Internacional, pedimos e animamos a todo o mundo a asinar o seguinte manifesto por un deporte libre de violencias sexuais para que isto non volva a suceder.