Galicia
Galicia

Dende a súa primeira pisada na Casa Blanca o 20 de xaneiro de 2025, asináronse 230 ordes executivas, catro veces máis que no seu primeiro ano en 2017 (51) e máis que en todo o seu primerio termo de goberno (220)

Coa finalización do primeiro ano de goberno de Trump, no que estivemos lendo
noticias sobre as súas actuacións polémicas todos os días, é importante lembrar as
cousas que si se fixeron. Sexa despachar axentes violentos aos estados nos que non
gañou, sexa ameazar coa «conquista» de territorios ou sexa realmente intervir
secuestrando ó presidente doutro territorio.

Dende a súa primeira pisada na Casa Blanca o 20 de xaneiro de 2025, asináronse 230
ordes executivas, catro veces máis que no seu primeiro ano en 2017 (51) e máis que en
todo o seu primerio termo de goberno (220). Só na primiera semana asinou ordes que
tentan contra o medioambiente: saída do acordo de París, ordes que fomentan o uso
de combustíbeis fósiles, retirar restriccións de perforación e minaría; asinou tamén
ordes que afectan negativamente aos migrantes: orden que suspende a admisión de
refuxiados, orde que nega a nacionalidade a infantes nacidos nos Estados Unidos se
os seus pais non son cidadáns ou residentes permanentes, orde que esixe a expulsión
das persoas que se atopan no país sen estado legal e ordena construír centros de
detención (como o son «Alligator Alcatraz» e «Krome»). Ademáis, asinou ordes
executivas que afectan ao acceso á sanidade: nunha destas ordes decreta a saída do
país da Organización Mundial da Saíde (OMS) e noutra das ordes aplica a emenda
Hyde mediante a que prohiben o uso de fondos federais para cubrir o aborto ou
atención médica relacionada. Estas son só algunhas das 37 ordes executivas asinadas
polo presidente dos Estados Unidos na súa primeira semana á cabeza.

Aínda que as controversiais ordes asinadas por Trump no rematan aquí, tampouco as
súas controversias acaban coa asina destas ordes. No seu primeiro día indultou a máis
de 1500 axitadores sentenciados polo motín sucedido o 6 de xaneiro de 2021. Ese
mesmo día decretou o cambio de nome do Golfo de México e emitiu directrices ao
Servizo de Inmigración e Control de Aduanas (ICE, polas súas siglas en inglés)
permitíndolle arrestar migrantes en colexios, hospitais e xuntanzas públicas. O día
despois ampliouse tamén aos xulgados.

Cabe imaxinar que os 77.302.580 estadounidenses que votaron polo actual presidente
só pensaron no «bó» que podía facerlle ó país a nivel interior. De feito, de acordo
cunha análise realozada por ABC News, Trump convertiu, maioritariamente, a
aqueles votantes cuxas preocupacións prioritarias eran a economía do país e a
inmigración.

Por iso, vexamos as ordes que foron executadas de cara á inmigración e ó goberno
federal.

En xaneiro cesou os esforzos en materia de diversidade, equidade e inclusión que
foran postos en práctica co propósito de reducir décadas de inequidade sistémica.

O 1 de febreiro, citando unha emerxencia nacional en inmigración e contrabando de
fentanilo, imponse un 25% de aranceis sobre as importacións provenientes de Canadá
e México. Estes aranceis sobre as importación dos dous maiores socios comerciais do
país, non parece, a prioiri, unha decisión que mellore a economía dos cidadáns.
O 3 de febreiro dixo nunha rolda de prensa que lle gustraía ver a Canadá convertirse
no 51 estado.

Apenas 24 horas despois, nun evento con Benjamin Netanyahu, propuxo que «Estados
Unidos debería apropiarse da franxa de Gaza, arrasar a zona e convertilo na riviera
do Oriente Medio.»

O 15 de marzo invocou o Alien Enemies Act de 1798 para deportar presuntos
membros de bandas venezolanos a prisión no Salvador (CECOT).

O 2 de abril, anuncia un arancel do 10 % sobre todas as importacións e sinala a
algúns países para aplicarlles taxas máis elevadas. De novo, isto non parece
beneficioso para os cidadáns.

O 12 de maio, admitiu 59 sudafricanos brancos nos Estados Unidos como refuxiados,
tendo xa asinado unha orde executiva (Executive Order 14163, 20 de xaneiro) que
suspendía o programa de admisión de refuxiados. Un recordatorio de que, se cadra,
non toda a inmigración lles resulta problemática.

O 7 de xuño militarizou a cidade de Los Ángeles, despregando á Garda Nacional
durante as protestas contra as deportacións masivas. Esta militarización repetiuse en
diferentes cidades e datas neste ano de goberno: en agosto mandou á Garda Nacional
a Washington, D.C, en setembro mandouna a Memphis.

O 4 de xullo asinou unha lei reducindo as taxas das corporacións e os ricos e elimina
inversións que reduzan o uso dos combustíbeis fósiles. Actuando en contra, non só do
medioambiente senón tamñen dos cidadáns do país.

En definitiva, independentemente das promesas que o presidente fixo á cidadanía, a
economía do país non ten mellorado no absoluto. Economistas, alén do espectro
político, teñen criticado as medidas económicas que Trump vai tomar dende que
tomou o poder. Algúns afirman que, «incluso nos seus propios termos, as promesas
económicas do presidente desafían á lóxica.» Outros advertiron que Trump está a
levar ó país nun camiño que deixará a economía menos dinámica, ó sistema
financieiro menos estable e ós cidadáns menos prósperos.

Ademáis das accións legais levadas a cabo polo presidente, hai quen afirma que
Trump pensa que «os presidentes teñen poder absoluto sobre as decisións tomadas
pola rama executiva do goberno», independentemente do que diga o Congreso.
Exemplos de como trata de expandir o seu poder:

En materia de inmigración: ao tratar de pór fin á cidadanía por nacemento,
cancelando os visados a estudantes con discursos desfavorables, acelerando
deportacións mediante leis de tempos de guerra, retendo ós inmigrantes en centros de
detención como Guantánamo Bay, Krome ou Alligator Alcatraz.
En materia militar: federalizando á Garda Nacional, bombardenado Irán, co
secuestro do presidente de Venezuela, ordenando ataques militres sobre barcos.
En materia do Congreso: nulificando unha lei, desmantelando axencias
gubernamentais (FEMA), impoñendo aranceis unilateralemente.
Este intento de expansión de poder esténdese tamén a algunhas das designacións, que
foron feitas sen requerida acreditación de mérito.

Empezando polo Secretario de Saúde e Servizos Humanos, RFK Jr, cuxo nome é
asociado con teorías conspiranoicas, activismo anti-vacinas e negacionismo do VIH/
SIDA. A Asociación Americana de Saúde Pública (APHA, polas súas siglas en inglés)
publicou unha declaración na que afirmaban que o secretario e as súas políticas son
un perigo para a saúde pública. Algunhas das accións tomadas por RFK Jr. que
preocupan á APHA son: a redución de personal en axencias federais; a negación a
fomentar a vacinanción contra o sarampión (que é 97% efectiva en prevención da
enfermidade) incluso tras a morte de dous infantes por non estar vacinados, contratou
a un coñecido anti-vacinas para dirixir un estudo coa finalidade de socavar a ciencia
relacionada coa vacina triple vírica que, ademáis de eficaz, ten un longo historial de
seguridade, puxo fin á investigación do Instituto Nacional de Saúde que tiña por foco
en futuras epidemias, entre outros.

E seguindo co Secretario de Defensa, quen afirmou que as mulleres non deberían
combatir no exército, que os homes son máis capaces nesas posicións e que as
mulleres son «dadoras de vida, non tomadoras de vida» aínda que o 20% do exército
estadounidense son mulleres. Ademáis, veteráns protestaron abertamente a decisión
de designar a Hegseth coma Secretario, algúns afirmaron incluso que «Non son
persoas serias e están a facernos menos seguros, non máis letais.» Nun discurso que o
presidente e o secretario dirixiron a oficiais de alto rango, Hegseth fixo énfase na
letalidade, o que en conxunción cos comentarios do presidente respecto do uso de
despregues en cidades do país como campo de adestramento, deixaron ós veteráns
algo alarmados. Alén dos debates sobre a súa capacidade como Secretario, cabe
destacar que antes de que Estados Unidos lanzara ataques militares contra Iemen en
marzo, Pete Hegseth, enviou información detallada sobre os ataques previstos nun
chat privado de Signal que el mesmo creara e no que participaban a súa esposa, o seu
irmán e unha ducia de persoas máis. Ademáis, Jeffrey Goldberg, editor xefe da revista
Atlantic, publicou unha noticia na que revelaba que altos cargos do Goberno
incluíranlle accidentalmente nun chat grupal na plataforma no que discutían e
compartían detalles dunha operación de bombardeo en Iemen.

Agora ben, Trump tamén tivo bastante que dicir acerca do seu primeiro ano de volta
nun mitin en Iowa o 27 de xaneiro. Acerca do déficit comercial do país, aseverou
reducilo nun 77% malia os datos, que din que está a crecer. A Oficina de Análise
Económica en novembro de 2025 afirma que o déficit comercial de Estados Unidos
ampliouse case un 95% desde o mes anterior, o maior aumento desde marzo de 1992,
segundo o informe. Trump tamén afirmou que a súa administración contribuíra a
reducir «de forma moi significativa» a delincuencia en todo o país. O Consello de
Xustiza Penal, mediante análise, revelou que o número de homicidios, agresións,
roubos, furtos de vehículos e outros sete tipos de delitos tendeu a diminuír en 40
grandes cidades estadounidenses no ano pasado. Segundo o estudo, os delitos
relacionados coas drogas aumentaron ao redor dun 7%, mentres que os delitos de
agresión sexual mantivéronse sen cambios. O consello manifestou que as diminucións
son «probablemente o resultado dunha complexa combinación de amplos cambios
sociais e tecnolóxicos e intervencións políticas directas».

En resumo, Trump acelerou a loita contra a migración ilegal, deportando a máis de
540.000 persoas, algunhas a países cos que no teñen relación algunha mediante o uso
da «deportación a terceiros países», unha sección da lei de inmigración e
nacionalidade que permite ao Departamento de Seguridade Nacional deportar a
persoas. apaíses cos que non teñen lazos. Países coma Costa Rica, Sudán do Sur, O
Salvador, Eswatini, México, Panamá, Rwanda, e Uganda acordaron acoller
migrantes. Aínda que se confirmou que algúns deportados atópanse detidos en
centros penais estranxeiros, Estados Unidos carece de información sobre a
localización e as condicións en que se atopan moitos outros. Ademáis Trump
resucitou a Doutrina Monroe coa intervención en América do Sur en favor dos
intereses de Estados Unidos. Empeorou as relacións con aliados históricos,
inicialmente comerciais ao impoñer aranceis (Canadá e México principialmete);
sociopolíticos querendo ditar unilateralmente as relacións e querendo apoiar partidos
de ultra dereita dentro doutros países (Europa), ameazanado a países con suspender a
axuda económica se os seus aliados non vencían nas eleccións (Arxentina), continuou
ao tratar de presionar aos membros da OTAN a aumentar o gasto militar e remata
coa ofensiva de «conquistar» Groenlandia.

Como colofón final a un ano de decisións e ordes que teñen alienado incluso os seus
propios votantes, Trump deu unha rolda de prensa no seu 365 día ao mando e
ofreceu moi poucas garantías sobre as súas ambicións neocoloniais cando se lle
preguntou «Ata onde está disposto a chegar para adquirir Groenlandia?»e a
inquietante resposta foi: «Xa o descubrirás». E se alguén pensou que neste ano
esgotou a súa capacidade de odio polas minorías e o medioambiente, hai só uns días
ordenou retirar a bandeira LGBTQAI+ do monumento de Stonewall, e o día 11
pasou unha orde executiva coa que obriga ao Secretario de Defensa a crear contratos
de electricidade con plantas de carbón, a maneira máis contaminante de producir
electricidade.

Referencias:
Benjamin, G. C. (2025, April 9). Secretary Kennedy and his policies are a danger to the public’s
health
. American Public Health Association.

Bennett, B. (2025, December 17). Timeline: Key Moments in Donald Trump’s Turbulent 2025.
TIME | Current & Breaking News | National & World Updates.

Chidi, G. (2025, October 1). Veterans react to Hegseth’s ‘insulting’ address to generals and admirals.
The Guardian.

Dunn, D. H. (2026, January 27). US foreign policy has taken a radical turn in Trump’s first year
back in office
. The Conversation.

Lowell, H., Greve, J. E., Gedeon, J., Smith, D., Tait, R., Leingang, R., Gambino, L., & Levine, S.
(2025, April 29). Tracking Trump – everything that’s happened in the president’s first 100
days
. The Guardian.

Mandavilli, A. (2025, October 27). Behind the Dismantling of the C.D.C.: Reform or
‘Humiliation’?
The New York Times – Breaking News, US News, World News and
Videos.

Peoples, S. (2025, January 13). Trump cabinet nominee Pete Hegseth is completely unfit to lead. NC
Newsline.

Petz, S. (2026, February 1). Fact-checking Trump’s claims about his 1st year back in the White
House
| CBC news. CBC.

Riedl, J. (2025, April 28). Opinion | I’m a Conservative Economist. Here Are 6 Reasons Trump’s
Plans Won’t Work
. POLITICO.

Seisdedos, I. (2026, January 19). The year the world peered into the authoritarian abyss of Donald
Trump
. EL PAÍS English.

Suanzes, P. R. (2026, January 21). Balance demoscópico del primer año de Trump: el apoyo de
votantes y políticos republicanos sigue casi intacto.
El Mundo.

Wells, I. (2025, October 14). Trump says US will not ‘waste our time’ helping Argentina if Milei
loses
. BBC Breaking News, World News, US News, Sports, Business, Innovation, Climate,
Culture, Travel, Video & Audio.

Woodward, A. (2025, September 30). Veterans blast Pete Hegseth’s ‘clueless, self-aggrandizing’
military speech
. The Independent.