Bernardo Cáales Xól: resistente e defensor dos dereitos humanos guatemalteco de xira por Galicia
A historia de Bernardo Caal Xól é sen dúbida a dun resistente e defensor dos dereitos humanos en Guatemala. O departamento de Alta Verapaz – de onde é orixinario Bernardo – é hoxe unha das rexións máis ricas do país. Posúe así xacementos de minerais e petróleo, amplos recursos forestais e grandes caudais de auga. […]
A historia de Bernardo Caal Xól é sen dúbida a dun resistente e defensor dos dereitos humanos en Guatemala.
O departamento de Alta Verapaz – de onde é orixinario Bernardo – é hoxe unha das rexións máis ricas do país. Posúe así xacementos de minerais e petróleo, amplos recursos forestais e grandes caudais de auga. Con todo, o que pode parecer paradoxal, trátase ao mesmo tempo da rexión con máis problemas de desenvolvemento humano e cun dos máis altos índices de pobreza, desnutrición infantil, analfabetismo e carencia de servizos públicos. Por esta razón, existen moitas comunidades locais – como os kekchí da cultura maya – para quen a defensa da terra e da auga, que consideran sacros, é clave na loita contra esta situación de pobreza e subdesarrollo.
É neste contexto que aparece a figura de Bernando Caal Xól, profesor da comunidade de Santa María Cahabón e un dos principais líderes da que se considera como “última resistencia” aos proxectos de privatización que dominan hoxe o territorio do seu departamento. En efecto, trátase na súa maioría de proxectos de privatización de augas de caudais dos ríos da zona, así como de tallas ilegais de bosques e, por conseguinte, unha vulneración constante dos dereitos dos pobos indíxenas que a habitan.
Con todo, o seu activismo viuse interrompido en 2018, ano no que foi condenado a 7 anos e 4 meses de prisión por unha denuncia que o sinalaba como responsable do roubo dun equipo de construción e da retención ilegal de catro traballadores dunha empresa de construción. Pero esta acusación produciuse en circunstancias estranas, despois de que o seu movemento conseguise a suspensión do proxecto hidroeléctrico privado Oxec, que conta con dous represas hidroeléctricas e unha máis en etapa de construción. Bernardo Caal foi finalmente liberado no ano 2022.
Xunto con outros organismos internacionais e ONGs de defensa dos dereitos humanos, Amnistía internacional considera que Bernardo Caal Xól é un “preso de conciencia” do Estado guatemalteco e subliña que o recluido está “encerrado e en condicións asquerosas de amontoamento” nunha prisión que non é vulnerable aos motíns mortais. Algúns colectivos e asociacións falan mesmo de criminalización contra líderes sociais das comunidades indíxenas, que loitan sen descanso contra as privatizacións auspiciadas polo Estado guatemalteco.
É por todo iso que desde Amnistía Internacional non só se lanzou unha petición para a súa liberación senón que, desde o noso equipo de Galicia, organizamos unha xira na que o propio Bernardo Caal compartirá a súa experiencia, percorrendo tres puntos xeográficos da nosa comunidade – A Coruña, Allariz e a Pobra do Caramiñal – entre os días 2 e 4 de novembro. Convidamos así a todas as persoas interesadas polos dereitos humanos e polo medioambiente e a xustiza social a vir escoitar a historia deste gran resistente, contada da súa propia voz. Non se debería deixar pasar calquera tipo de oportunidade de compartir experiencias, así como de escoitar a xente tan implicada na defensa dos dereitos humanos e cuxa vida moitas veces asume as consecuencias dunha loita e unha implicación incesantes, como é o caso de Bernardo Caal.
Ligazóns de interese:
- https://elpais.com/planeta-futuro/2022-04-05/criminalizar-es-la-forma-en-la-que-guatemala-persigue-a-los-pueblos-originarios.html
- https://www.amnesty.org/en/latest/news/2022/03/guatemala-bernardo-caal-xol-should-never-have-spent-a-day-in-prison/
- https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-59602894