Sancións do goberno de Trump contra a Corte Penal Internacional (CPI): sobre xustiza e dereitos humanos.
A recente decisión presentada polo goberno de Trump respecto a Corte Penal Internacional (CPI) xerou controversia a gran escala, ademais dunha alta preocupación, xa que abarca temas en materia de xustiza e dereitos humanos. O actual presidente de Estados Unidos, Donald Trump, asinou o 6 de febreiro do presente ano unha orde executiva que autorizaba […]
A recente decisión presentada polo goberno de Trump respecto a Corte Penal Internacional (CPI) xerou controversia a gran escala, ademais dunha alta preocupación, xa que abarca temas en materia de xustiza e dereitos humanos.
O actual presidente de Estados Unidos, Donald Trump, asinou o 6 de febreiro do presente ano unha orde executiva que autorizaba sancións contra a Corte, como unha serie de medidas políticas e xurídicas, que buscaban bloquear as investigacións da CPI que involucren a cidadáns estadounidenses, persoal militar estadounidense e aliados de EE.UU., como Israel.
A Corte Penal Internacional (CPI) é un tribunal creado co fin de xulgar a individuos acusados de cometer crimes de guerra, crimes contra a humanidade e xenocidio. Con todo, o seu mandato foi obxecto de controversia, especialmente por parte de países como Estados Unidos, que non é membro da Corte e mostrouse en desacordo con algunhas das súas accións e investigacións.
“Al imponer sanciones a la CPI, el gobierno de Trump está socavando los esfuerzos para que se haga justicia no sólo con la población palestina, sino con las víctimas de los crímenes más atroces en todas partes. Esto incluye a personas de Afganistán, Burundi, Costa de Marfil, Darfur (Sudán), Filipinas, Libia, Mali, Myanmar, Nigeria, RDC, Ucrania y Venezuela, donde la CPI está llevando a cabo investigaciones o ha emitido órdenes de arresto.”
Amnistía Internacional
Por iso, a orde executiva foi condenada por expertos defensores en dereitos humanos e outras organizacións internacionais. Estas sancións, segundo indica Amnistía Internacional, socavan a independencia xudicial da CPI e poñen en perigo a xustiza para as vítimas de crimes internacionais en todo o mundo, xa que obstaculizan o traballo da Corte ao presionala para que abandone as súas investigacións sobre figuras crave de gobernos aliados de Estados Unidos e dificultan o traballo do equipo multidisciplinar da CPI, o que volve case imposible “a tarefa de buscar xustiza”.
En síntese, estas medidas resultan en múltiples repercusións no sistema de xustiza internacional, desde un enfraquecemento de institucións internacionais, acompañado dun fomento da impunidade e un impacto negativo en investigacións en curso.
Esta decisión expón serias preocupacións sobre o futuro da xustiza internacional. Debido a que é crucial que se garanta un sistema de xustiza global dedicado a protexer os dereitos humanos fundamentais, é necesario que os estados se comprometan e accionen para defendela.
FONTES:
- https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/trump-y-las-sanciones-contra-la-corte-penal-internacional-un-ataque-a-la-justicia-internacional/
- https://www.amnesty.org/es/latest/campaigns/2025/03/what-do-the-trump-administrations-sanctions-on-the-icc-mean-for-justice-and-human-rights/
