Concurso xuvenil de microrrelatos sobre o acoso escolar
A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca o V Concurso de Microrrelatos Xuvenil sobre acoso escolar. Poderán participar todas as persoas de entre 14 e 21 anos matriculadas nun instituto de Educación Secundaria da provincia de Pontevedra.
Sensibilizar sobre o problema do acoso escolar, concienciar á sociedade sobre a importancia de tomar medidas e dar a coñecer os novos medios cos que se conta para previlo e loitar contra el (coma os equipo de mediación). Estes son o obxectivos do V Concurso de Microrrelatos Xuvenil organizado por a Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo. Nesta ocasión, o tema do concurso é «No noso grupo conseguímolo» e busca abordar tanto a problemática do acoso escolar como posibles solucións. Por iso, os textos que se presenten -a extensión máxima é de 250 palabras- deberán centrarse nos diferentes suxeitos que sofren a violencia, exércena, traballan para erradicala… tendo en conta diferentes punto de vista, especialmente da comunidade escolar. O microrrelato ten que ser inédito e pode escribirse en galego ou castelán.
No V Concurso de Microrrelatos poden participar todas as persoas de entre 14 e 21 anos matriculadas nun instituto de Educación Secundaria da provincia de Pontevedra. Haberá dúas categorías:
- Autoras ou autores entre 14 e 16 anos.
- Autoras ou autores entre 17 e 21 anos.
O prazo para entregar os traballos remata o próximo 8 de marzo. Debe remitirse a través deste formulario. As bases do concurso poden consultarse aquí.