Galicia
Galicia

Amnistía Internacional Vigo organizou unha acción de rúa para reclamar o peche de Guantánamo, o centro penitenciario militar de Estados Unidos que leva 17 anos aberto.

Na base militar de Guantánamo continúan retidos 40 homes (todos musulmáns), dos cales a maioría sufriu torturas. O informe de Amnistía Internacional «Guantánamo: 17 años de violaciones» constata que a prisión é un exemplo claro da continua violación de dereitos humáns e que o actual presidente Donald Trump, lonxe de buscar unha solución, pretende manter Guantánamo aberto pese a que o traslado dalgúns prisioneiros xa se autorizou fai anos.

Amnistía Internacional Vigo organizou unha acción de rúa para criticar esta situación, esixir o peche da cárcere militar e visibilizar esta situación ante a cidadanía. No acto cinco dos activistas recrearon a situación na que viven os retidos: cun buzo laranxa, encadeados e a cabeza totalmente cuberta por unha capucha que lles impide ver.