Galicia
Galicia

Seán Binder, de 25 anos, e Sarah Mardini, de 24, coñecéronse cando axudaban a detectar barcos de persoas refuxiadas en perigo. Poderían ser condenados ata 25 anos de cárcere por «atreverse» a salvar vidas.

Sarah e Seán coñecéronse traballando como voluntarios cualificados en Lesbos, Grecia.
Sarah é refuxiada de Siria. A súa viaxe a Europa foi noticia internacional: ela e a súa irmá salvaron a 18 persoas ao arrastrar ata un lugar seguro a embarcación na que viaxaban. Pola súa banda, Seán Binder, fillo dun refuxiado vietnamita, decidiu dar un paso adiante na loita pola defensa do dereito á vida das persoas refuxiadas.
A labor humanitaria de Sarah e Seán salvou moitas vidas, non obstante, a súa actividade pódelles costar ata 25 anos de cárcere por cargos de “tráfico de persoas”, espionaxe e pertenza a unha organización criminal. Iso sumaríase aos máis de 100 días que xa pasaron  en prisión antes de quedar en liberdade baixo fianza en decembro de 2018.
Esta persecución non pode quedar impune. Axudar a outros seres humanos debe estar por enriba de calquer outra cuestión, e xamáis debe ser ser visto como un acto delictivo.
A solidariedade non é delito. Asina para que salvar vidas non se pague con cárcere.

Un comentario en “Sarah e Seán: cárcere por salvar vidas

Comentarios cerrados.